Sara Tavares
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Sara Alexandra Lima Tavares ![]() 1 de febreiro de 1978 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Morte | 19 de novembro de 2023 ![]() Hospital da Luz Lisboa, Portugal (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | tumor cerebral ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical ![]() |
Ocupación | cantautora, percusionista, guitarrista, pianista, cantante ![]() |
Período de actividade | 1994 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Participou en | |
1994 | Festival Eurovisão da Canção 1994 (pt) ![]() |
1964 | Festival RTP da Canção ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sara Tavares, nada en Lisboa o 1 de febreiro de 1978 e finada o 19 de novembro de 2023 na mesma cidade, foi unha cantante e compositora portuguesa con ascendencia caboverdiana. A música que fixo foi definida como world music.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tavares gañou a final da 1ª edición (1993/1994) do concurso Chuva de Estrelas do canal televisivo SIC, onde interpretou un tema de Whitney Houston. Foi invitada por Rosa Lobato de Faria para participar no Festival RTP da Canção de 1994 coa canción "Chamar a Música". A canción recibiu a pontuación máxima de tódolos xurados, gañando así un lugar no Festival Eurovisão da Canção de 1994, onde alcanzou a 8ª posición.
En 1996 editou o seu primeiro disco que contou coa colaboración do coro Shout, alén de gravar a música "Longe do Mundo" (unha adaptación de "God Help The Outcasts, de Heidi Mollenhauer), para o filme da Disney The Hunchback of Notre Dame, que viría merecer unha mención honrosa da Disney como a mellor versión, sen contar coa inglesa, da canción.
Na Expo'98, Sara Tavares participou no espectáculo de homenaxe a Gershwin, ao lado da Rias Big Band Berlin. Colaborou, entre tanto, no grande succeso da banda Ala dos Namorados, "Solta-se o Beijo". En 1999 editou o álbum "Mi Ma Bô", un disco máis maduro e con máis ligazón as súas raíces.
O álbum "Balancê", editado pola World Connection, en novembro de 2005, foi considerado un dos mellores álbums do ano por parte da crítica, tendo alcanzado o disco de ouro.
Coa canción "Bom Feeling", do álbum "Balancê", Sara Tavares foi a imaxe publicitaria do Millenium BCP. A través da campaña, nun investimento de 3 millóns de euros, 40 mil CDs da cantante foron distribuídos aos clientes do banco.[1]
En 2008 é lanzado o DVD "Alive in Lisboa". No ano de 2009 regresa aos orixinais co álbum "Xinti".
Discografía
[editar | editar a fonte]- Sara Tavares e Shout! (CD, BMG, 1996) - Cos Shout!
- Mi Ma Bô (CD, BMG, 1999)
- Balancê (CD, World Connection, 2005)
- Alive in Lisboa (2CD+1DVD World Connection 2008)
- Xinti (CD, World Connection, 2009)
Singles
[editar | editar a fonte]- Chamar a Música (Single, BMG, 1993)
- Pirilampo (Single, 1997) - Cos Shout!
- Fix Me Jesus/Oh Happy Day (Single, BMG, 1996) - Cos Shout!
- Nha Cretcheu (Meu Amor) (Single, BMG, 1999)
- Eu Sei (Single, BMG, 1999)
- Balancê (Single, World Connection, 2007)
- Bom Feeling (Single, World Connection, 2007)
- Ponto de Luz (Single, World Connection, 2009)
Compilacións
[editar | editar a fonte]- Chuva de Estrelas (1994) - One Moment In Time
- O Corcunda de Notre-Dame (1994) - Longe do Mundo
- Vinte Anos Depois de Ar de Rock (2000) - Saiu Para a Rua
- Canções de Embalar (2001) - Que Nome Lhe Vamos Dar/Lindas Meninas
- Novo Homem Na Cidade (2004) - Nova Feira da Ladra
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Ala dos Namorados (1999) - Solta-se o Beijo
- Dany Silva (1999)
- Herman José (1999) - Holy Night
- Nuno Guerreiro - Tu Podes Dar
- Júlio Pereira [Faz de Conta] (2003) - Elefantinho
- Paulo Flores
- Tiago Bettencourt - Canção Simples
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BCP lança nova campanha associada a música agora com Sara Tavares - RTP Notícias, via Agência Lusa, 31 de agosto de 2006
- ↑ "Uxía e Sara Tavares • As nosas cores (Atuação)". Consultado o 2023-11-21.