Festival de Eurovisión 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 2020
Datas
Semi-final 1 12 de maio de 2020 (cancelado)
Semi-final 2 14 de maio de 2020 (cancelado)
Final 16 de maio de 2020 (cancelado)
Anfitrión
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa
[1][2]

Nederlandse Publieke Omroep (NPO) Nederlandse Omroep Stichting (NOS)

Participantes
Participantes 41 (previstos)
Países que retornan Ucraína Ucraína
 Bulgaria Bulgaria
Países que se retiran Montenegro
Hungría Hungría
Votacións
Sistema de votación Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.

En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta.

Festival de Eurovisión
◄2019 2021►

O LXV Festival de Eurovisión ía ser a 65ª edición do festival, e celebraríase nos Países Baixos en maio de 2020, despois de que Duncan Laurence gañase a edición de 2019 coa súa canción «Arcade». Esta será a quinta vez que Países Baixos organizará o certame, tras a edición de 1980. Tamén sería o primeiro evento oficial de Eurovisión que celebrado en chan neerlandés desde o Festival de Eurovisión Júnior 2012.

Estaba previsto que o as semifinais do festival tiveran lugar nos días 12 e 14 de maio e a gran final o día 16 de maio de 2020.[3] Estaba prevista a participación de corenta e un países no certame. Bulgaria e Ucraína ían regresar tras a súa ausencia na edición de 2019, mentres que Hungría e Montenegro confirmaran a súa retirada.

Porén, o 18 de marzo de 2020, a Unión Europea de Radiodifusión anuciou que o evento quedaba cancelado por mor da pandemia do coronavirus en Europa. Isto supuxo a primeira ocasión que o festival se cancelaba nos 64 anos de historia.[4] Tras a cancelación, a UER, comezou as conversas para organizar o Festival de Eurovisión 2021.

Organización e localización[editar | editar a fonte]

O supervisor executivo do festival da Canción de Eurovisión, Jon Ola Sand, entregou na rolda de prensa do gañador da edición de 2019 un "kit de ferramentas (composto dun cartafol e unha unidade USB) para comezar o traballo necesario para albergar o festival".[5] Tamén dixo que as reunións coa televisión anfitrioa comezarían en xuño de 2019, pois, malia que non é o primeiro festival que se organiza nos Países Baixos, si é o primeiro que organiza Avrotros, que ten os dereitos do certame desde 2014 e non tivo oportunidade de organizalo até agora. Ademais, levará a cabo devandita produción xunto a NOS e NPO.[1][2]

Fase de propostas e selección da cidade anfitrioa[editar | editar a fonte]

Segundo o primeiro ministro dos Países Baixos Mark Rutte, tras unhas horas da vitoria de Duncan, numerosos alcaldes comezaran a presentar propostas en nome dos concellos que estes gobernan a través de mensaxes de texto.[6] O trío das emisoras organizadoras (NPO, NOS e AVROTROS) deron comezo formalmente ao proceso de selección o 29 de maio, avisando a todas aquelas cidades interesadas de que todas as súas propostas xa debían estar presentadas para mediados de xullo. Tras isto, as cidades en cuestión deberían ter dispoñibles os lugares onde se celebraría o certame para as posibles visitas das delegacións das emisoras.[7] NPO agarda dar anunciar a cidade anfitrioa a finais do verán.[8]

As seguintes cidades expresaron o seu interese en seren seleccionadas:

Cidade Lugar Capacidade Notas Refs
Ámsterdam Centro de Exhibición e Congresos Ámsterdam RAI 12.900 Alí foi organizado o Festival de Eurovisión 1970. [9][10]
Johan Cruyff Arena 55.000-68.000 A capacidade normalmente redúcese a 35.000 en concertos
Ziggo Dome 17.000
Arnhem GelreDome 41.000
Breda Breepark 13.000 Proposta conxunta con 's-Hertogenbosch pola provincia de Brabante do Norte
Enschede Airport Twente 11.000
's-Hertogenbosch Brabanthallen 's-Hertogenbosch 11.000 Proposta conxunta con Breda pola provincia de Brabante do Norte
Leeuwarden WTC Expo 10.000
Maastricht MECC Maastricht 20.000
Rotterdam Ahoy Rotterdam 15.818 Alí foi organizado o Festival de Eurovisión Júnior 2007.
A Haia Cars Jeans Stadion 15.000 Depende da construción dun tellado co fin de cubrir o estadio.
Malieveld 15.000 Estabeleceríase unha caseta en colaboración co World Forum. Depende, polo tanto, da construción da mesma sobre o campo.
Utrecht Jaarbeurs 11.000

En principio, Zwolle tamén considerou proporse para celebrar o festival. Con todo, a cidade finalmente posicionouse en contra da entrada ao proceso seletivo, dado que o lugar proposto (o IJsselhallen) considerouse "inadecuado".[11]

A primeira conferencia de prensa agárdase que se leve a cabo en xuño de 2019.[2] Con todo, Ámsterdam e Rotterdam considéranse as cidades favoritas para acoller o evento.[9]

Listaxe provisional de países participantes[editar | editar a fonte]

Os seguintes países expresaron o seu interese provisional na participación no festival ou mesmo confirmaron que o seu proceso anual de selección nacional tería lugar:

Semifinais[editar | editar a fonte]

País Artista Canción Lingua(s)
Armenia[12][13]
Australia Australia[14]
Austria Austria[15]
Belarús Belarús[16]
Bélxica Bélxica[17]
República Checa República Checa[18] Por determinar 28 de xaneiro de 2020[19] Por determinar 28 de xaneiro de 2020[19]
Dinamarca Dinamarca[20] Por determinar 7 de marzo de 2020[20] Por determinar 7 de marzo de 2020[20]
Estonia Estonia[21]
Finlandia Finlandia[22]
Hungría Hungría[23]
Israel[24]
Lituania Lituania[25]
Montenegro[26]
Noruega[27]
Portugal Portugal[28]
Reino de Romanía Romanía[29]
San Marino[30]
Serbia[31]
Suecia[32]
Ucraína Ucraína[33]

Final[editar | editar a fonte]

País Artista Canción Lingua(s)
Alemaña Alemaña[34]
España España Blas Cantó
Países Baixos Países Baixos[35]

Outros países[editar | editar a fonte]

A elixibilidade para a posible participación no Festival da Canción de Eurovisión require unha emisora nacional que sexa membro activo da EBU que poderá transmitir o concurso a través da rede de Eurovisión. A EBU emitirá unha invitación de participación no concurso a todos os membros activos. A diferenza dos anos anteriores, Australia non necesitará unha invitación para o concurso deste ano 2020, xa que se lle concedera permiso para participar até 2023.[14]

Os seguintes países participaron no certame de 2019[36] mais non anunciaron aínda se farán o mesmo nesta edición:

Membros activos da EBU[editar | editar a fonte]

  • Albania - O 28 de maio de 2019, a emisora albanesa Radio Televizioni Shqiptar (RTSH) confirmou que estaban a aceptar presentacións para a vindeira edición do Festivali i Këngës. Aínda que devandito festival foi utilizado para seleccionar a representación albanesa de Eurovisión dende o seu debut, este tamén foi organizado con independencia do certame eurovisivo dende o ano 1962 até o mencionado debut, e non se confirmou explicitamente a súa participación polo momento.[37]
  • Andorra Andorra – En marzo de 2019, a emisora andorrá Ràdio i Televisió d'Andorra explicou que estarían abertos a cooperar coa emisora catlá TV3 para participar nas futuras edicións do festival. Ambas emisoras cooperaran anteriormente cando Andorra debutou no Festival de Eurovisión 2004.[38] Con todo, o 22 de maio de 2019, RTVA confirmou que non vai participar no certame de 2020.[39]
  • Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina – O 28 de decembro de 2018, a líder da delegación bosníaca, Lejla Babović, explicou que a volta ao certame era o seu obxectivo principal, pero que a súa situación financeira, en débeda coa EBU e sen fondos, faría complicado o feito de participar de novo no festival no ano 2020.[40]
  • Bulgaria Bulgaria – O 8 de abril de 2019, a emisora búlgara Televisión Nacional de Bulgaria (BNT) expresou que non tiñan pensado volver ao concurso nun futuro próximo, mencionando que o festival xa non se axusta á estratexia de contido da emisora.[41] Con todo, a emisora agarda elixir unha nova delegación e porse en marcha o 5 de xullo de 2019, tras o cal podería tratar o tema da participación en Eurovisión máis profundamente e tomar as decisións correspondentes.[42]
  • Italia Italia – O 7 de maio de 2019, a RAI anunciou que comezara a planificación para o Festival de Sanremo 2020. Con todo, aínda non foi confirmado se devandito método sería utilizado para escoller o participante italiano de 2020.[43]
  • Luxemburgo Luxemburgo – Aínda que Luxemburgo leva sen participar no certame desde o ano 1993, as propostas para a súa volta ao festival non pararon de aumentar. En maio de 2019, Anne-Marie David, gañadora da edición de 1973 por Luxemburgo, incitou á nación a volver. Asemade, tamén foi enviada unha petición á emisora luxemburguesa RTL Télé Lëtzebuerg (RTL) e á cámara de deputados por parte de seareiros de Luxemburgo demandando devandita volta a Eurovisión. En anos anteriores, RTL expresou que non volverían debido a problemas financeiros e a crenza de que as nacións pequenas non poden ter éxito nas edicións eurovisivas modernas.[44]
  • Malta – O 20 de xaneiro de 2019, confirmouse que o concurso de talentos X Factor Malta, co que se escolleu o representante do festival de 2019, volvería para unha segunda tempada en 2020. Con todo, aínda non está confirmado se este método será ou non o utilizado para a selección do participante de 2020.[45]
  • España España – O 15 de xaneiro de 2019, o director da emisora española RTVE, Eladio Jareño, confirmou que o concurso de talentos Operación Triunfo volvería en 2020. A pesar de que este foi utilizado para o proceso de selección do representante de Eurovisión español en 2018 e 2019, aínda non se confirmou se España utilizará este método novamente para escoller ao participante de 2020.[46]
  • Turquía – En agosto de 2018, İbrahim Eren, o director xeral da emisora turca Türkiye Radyo Televizyon Kurumu (TRTK), explicou que non podían emitir un programa que contivese xente "sexualmente ambigua" (en referencia a Conchita Wurst, a gañadora do certame de 2014) nunhas horas nas que aínda os nenos están a ver a televisión. Tamén comentou que a EBU desviárase dos seus valores debido aos seus executivos, e que a emisora non estivo de acordo co sistema de votación que dividiu o resultado en xurado profesional e televoto, que foi introducido no ano 2009.[47]

Membros asociados da EBU[editar | editar a fonte]

  • Kazakhstán – O 22 de novembro de 2018, Jon Ola Sand, o supervisor executivo do concurso, expresou que a participación deste país no mesmo certame necesitaba ser discutida polo grupo de referencia do festival. Kazakhstán fora anteriormente invitada a participar no Festival de Eurovisión Júnior 2018 por devandito grupo, malia que isto non tería efecto algún no que respecta á súa participación no concurso principal.[48]

Non membros da EBU[editar | editar a fonte]

  • Cataluña Cataluña – A finais de 2018, a emisora catalá Televisió de Catalunya (TVC) recibiu permiso do parlamento catalán co fin de impulsar a adhesión da comunidade autónoma á EBU.[49] A pesar de que Cataluña é parte de España, a EBU estivo avaliando a proposta desta emisora.[50]
  • Illas Feroe Illas Feroe – A finais de 2018, a emisora deste país denominada Kringvarp Føroya (KvF) mostrou interese en entrar na EBU e participar no festival. Segundo a EBU, as Illas Feroe non están excluídas pola norma que di que só as nacións independentes poden adherirse, e por conseguinte, KvF comezou discusións internas verbo da súa posible proposta co fin de poder participar no concurso e transmitir a final da selección nacional de xeito similar ao Dansk Melodi Grand Prix en Dinamarca.[51]
  • Kosovo Kosovo – Mentor Shala, o director xeral da emisora de Kosovo Radio Televisión de Kosovo (RTK), expresou que a emisora estaba aínda a empurrar pola completa adhesión á EBU e que se desexaba debutar no certame de 2020. RTK está discutindo coa EBU no que atangue a esta situación.[52] A EBU está citada a votar devandita proposta en xuño de 2019; a súa aprobación permitiría á emisora debutar no festival de 2020 ou un pouco despois do mesmo.[53]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eurovoix.com, ed. (19-05-2019). "Eurovision 2020 To Be Co-Produced By AVROTROS, NPO And NOS" (en inglés). 
  2. 2,0 2,1 2,2 npo.nl (19 de maio de 2019). "NPO, AVROTROS and NOS to organize 2020 Eurovision Song Contest" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019. 
  3. LaFleur, Louise (30 August 2019). "Rotterdam to host Eurovision 2020!". Eurovision.tv. European Broadcasting Union. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2019. Consultado o 2 October 2019. 
  4. "Official EBU statement & FAQ on Eurovision 2020 cancellation". Eurovision.tv. 18 March 2020. 
  5. AD (19 de maio de 2019). "Songfestivalbaas komt snel op bezoek bij AVROTROS, locatie festijn nog onbekend". 
  6. Telegraaf (19 de maio de 2019). "Rutte over Songfestival: 'Ik kon niet slapen'" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019. 
  7. "Which Dutch city or region will host Eurovision 2020?". eurovision.tv. 29 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  8. Granger, Anthony (24 de maio de 2019). "Eurovision’20: NPO Hopes To Begin Bidding Process in June". Eurovoix. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  9. 9,0 9,1 van Lith, Nick (19 de maio de 2019). "UPDATE: Eight cities in the Netherlands offer to host Eurovision 2020". ESCXtra.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2022. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  10. Jiandani, Sanjay (24 de maio de 2019). "Eurovision 2020: The potential host cities and venues". ESCToday. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  11. https://eurovoix.com/2019/05/24/eurovision20-zwolle-drops-out-as-potential-host-city/
  12. "Eurovision 2020: venti paesi hanno già confermato la partecipazione" (en italiano). Eurofestival News. 21 de maio de 2019. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  13. "Armenia confirms national selection for 2020". ESCDaily. 27 de maio de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  14. 14,0 14,1 Groot, Evert (12 de febreiro de 2019). "Australia secures spot in Eurovision for the next five years". eurovision.tv. EBU. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  15. Christian Ude (17 de maio de 2019). "Nach dem ESC-Aus für Paenda: ORF hält 2020 an interner Auswahl fest". Kleine Zeitung (en alemá). Consultado o 17 de maio de 2019. 
  16. Herbert, Emily. "Belarus: BTRC Proposes Change in Eurovision Selection for 2020". Eurovoix. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  17. Granger, Anthony. "Belgium: VRT to Internally Select Eurovision 2020 Participant". Eurovoix. Consultado o 15 de maio de 2019. 
  18. Granger, Anthony (28 de xaneiro de 2019). "Czech Republic: "Televised selection to determine Eurovision 2020 entry"". eurovoix.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2019. 
  19. 19,0 19,1 "Na Eurovizi jedou Lake Malawi" (en checa). 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2019. 
  20. 20,0 20,1 20,2 "Denmark: DR confirms participation in Eurovision 2020: DMGP date set". Esctoday. 22 de maio de 2019. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  21. "Tomi Rahula: „Eesti laulule“ esitati lugusid viies keeles, poolfinaalid toimuvad Tartus" (en estonia). Ohtuleht. 7 de novembro de 2018. Consultado o 18 de maio de 2019. 
  22. "Finland: YLE Considers Format Change for UMK". eurovoix.com. 4 de marzo de 2019. 
  23. "Interview with Joci Pápai (Hungary) and Lőrinc Bubnó (HoD Hungary)". Eran. Esckaz. 9 de maio de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  24. Herbert, Emily (30 de maio de 2019). "Israel: Eurovision 2020 Participation Confirmed". Eurovoix. 
  25. "Po viešos kritikos – pokyčiai „Eurovizijoje“: žada permainas atrankoje ir didesnį finansavimą". 15min.lt (en lituana). 21 de maio de 2019. 
  26. Granger, Anthony (20 de xaneiro de 2019). "Montenegro: Aims For Expanded Montevizija in 2020". eurovoix.com. Consultado o 12 de maio de 2019. 
  27. Granger, Anthony (5 de novembro 2018). "Norway: NRK Announces Changes for Melodi Grand Prix 2020". eurovoix.com. Consultado o 5 de novembro de 2018. 
  28. Herbert, Emily (7 de decembro de 2018). "Portugal: Two Composers Already Confirmed for Festival da Canção 2020". eurovoix.com. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  29. Granger, Anthony (11 de maio de 2019). "Romania: TVR Open To Changes To Selection Process". Eurovoix (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2019. 
  30. "San Marino: Eurovision 2020 Participation Confirmed After Best Result To Date". Eurovoix. 20 de maio de 2019. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  31. "The Netherlands won the @Eurovision! Congrats and big applause for all the contestants. See you in 2020!". Serbian Broadcasting Corporation (Serbian Broadcasting Corporation). Twitter. 19 de maio de 2019. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  32. Granger, Anthony (3 de marzo de 2019). "Sweden: P4 Nästa Opens Submissions Window for 2019". eurovoix.com. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  33. Корзинкина, Светлана (28 de febreiro de 2019). "Украина откажется от "Евровидения-2020" в случае победы Лазарева". Известия (en ruso). Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  34. "Germany: Eurovision 2020 Participation Confirmed as Search Commences for 'Eurovision Jury' Members". eurovoix.com. 26 de abril de 2019. Consultado o 28 de abril de 2019. 
  35. "Nederland heeft draaiboek klaar voor winst songfestival" (en neerlandés). 19 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  36. "Participants of Tel Aviv 2019". eurovision.tv. Unión Europea de Radiodifusión. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  37. Herbert, Emily (19 de febreiro de 2019). "Albania: Festivali i Këngës 58 Submissions Open". Eurovoix. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  38. "Andorra: RTVA Open To Co-operation With Catalan Broadcaster Regarding Eurovision Participation". Eurovoix. 18 de marzo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  39. Granger, Anthony (22 de maio de 2019). "Andorra: RTVA Rules Out Eurovision Return in 2020". Eurovoix. 
  40. "Bosnia & Herzegovina's "primary goal" is Eurovision comeback but 2020 return "difficult"". 29 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  41. Petyov, Gregori (8 de abril de 2019). "Bulgaria: No Plans in Near Future to Return to Eurovision". Eurovoix. 
  42. Tarbuck, Sean (24 de maio de 2019). "Bulgaria: Decision on 2020 participation after BNT elections in July". ESC United. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  43. "Cambia il regolamento del Festival di Sanremo 2020, la kermesse torna alla direzione interna: gli ultimi aggiornamenti" (en italiano). Optimagazine. 7 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  44. Granger, Anthony (29 de maio de 2019). "Luxembourg: Anne-Marie David Pushing For Nations Eurovision Return". Eurovoix. 
  45. Granger, Anthony (20 de xaneiro de 2019). "Malta: X Factor Malta Will Return For A Second Season". Eurovoix. Consultado o 12 de maio de 2019. 
  46. "TVE confirma el regreso de 'Operación Triunfo' en 2020". El Televisero (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  47. "Turkey: ‘No more bearded divas’ – TRT’s general manager sets conditions for return to Eurovision". Wiwibloggs. 5 de agosto de 2018. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  48. Granger, Anthony (22 de novembro de 2018). "Kazakhstan: Eurovision Participation ‘Needs To Be Discussed’". Eurovoix. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  49. "Catalonia TV3-receives approval of parliament to push for EBU Membership". 28 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  50. Granger, Anthony (17 de abril de 2019). "Catalonia: TV3's Membership Application is Being Considered by EBU". Eurovoix. 
  51. "The Faroe Islands wants EBU membership and right to participate at Eurovision". 30 de decembro de 2018. Consultado o 5 de xaneiro de 2019. 
  52. Granger, Anthony. "Kosovo: RTK to Push for Full EBU Membership Next Week". Eurovoix. Consultado o 22 de xuño de2018. 
  53. Van Lith, Nick (1 de decembro de 2018). "Kosovo’s RTK membership vote delayed until June, report claims". Escxtra. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Tel Aviv 2019

Festival de Eurovisión

Edición cancelada
Róterdam 2020
Sucesor:
Países Baixos Rotterdam 2021