Kosovo no Festival de Eurovisión
| Kosovo | |
|---|---|
| Estación membro | RTK |
| Final nacional | |
| Aparicións | 0 |
| Primeira aparición | |
| Mellor resultado | |
| Final | |
| Semifinal | |
| Peor resultado | |
| Final | |
| Semifinal | |
| Ligazóns externas | |
| [ Páxina de Kosovo en Eurovision.tv] | |
Kosovo intentou participar no Festival de Eurovisión dende 2009 ata o 2014 sen éxito. España, Rusia e Serbia opóñense á súa participación xa que estes non o recoñecen como país. O motivo español sería o dos seus territorios con presenza de independentismo, como Galicia, Cataluña ou Euskadi. O mesmo motivo ten Rusia con Chechenia entre outros. Serbia non recoñece a Kosovo entre outros motivos porque toma a Kosovo como lugar de nacemento da cultura serbia.[1][2]
No ano 2012, a cantora kosovar Rona Nishliu representou a Albania no Festival de Eurovisión coa canción "Suus" quedando en 5ª posición na final.
Aínda que non participou nunca de forma independente, ata a súa independencia o territorio kosovar foi representado por Iugoslavia, Serbia e Montenegro e Serbia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kosovo drommer om eurovision". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Musik ar makt". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.