Marrocos no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marrocos

EuroMorocco.svg

Estación membro SNRT
Final nacional
Aparicións 1
Primeira aparición 1980
Mellor resultado
Final 18° 1980
Semifinal
Peor resultado
Final 18° 1980
Semifinal
Ligazóns externas
Páxina de Marrocos en Eurovision.tv

Marrocos só participou no Festival da Canción de Eurovisión unha vez, en 1980 cando Israel non participou no festival. Logo dun pobre resultado, Hasan II de Marrocos xurou que o país nunca máis participaría no festival. Aínda que xeograficamente non forma parte de Europa, Marrocos é elixible para participar xa que é un membro da Unión Europea de Radiodifusión.

En 1980, Samira Saïd terminou no 18º lugar con tan só 7 puntos do xurado italiano. A TVM suscitouse para participar no 2008. O goberno valorou positivamente que Marrocos podería aproveitar a popularidade da música marroquí en Europa apoiado no feito de que este xénero musical é moi parecido á música turca e Turquía obtivera éxitos notables en edicións anteriores. Con todo e segundo as regras do concurso, o país estaría obrigado a retransmitir todo o festival na súa totalidade. Actualmente, TVM retransmite o festival cada ano pero non mostra aqueles aspectos que puidesen desentoar coa liña oficial do goberno marroquí. Así por exemplo se existe algo que vaia en contra das leis locais (por exemplo mostrar demasiado - Silvía Night, The Jet Set - ou letras contrarias ao islam - Lordi) transmite publicidade, o cal non podería facer se participase. Ao final decidiuse non participar.

A estación comercial 2M TV enviou a súa solicitude de pertenza á UER para que Marrocos poida participar dentro do Festival da Canción de Eurovisión e no Festival de Eurovisión Junior. A UER mantén á estación como candidata, e polo tanto non poderá participar.[1][2][3]

Participación[editar | editar a fonte]

Ano Sede Artista Canción Posición Puntos
1980 Flag of the Netherlands.svg A Haia Samira Saïd Bitaqat khub 18 7

Votación de Marrocos 1980[editar | editar a fonte]

Marrocos deu máis puntos a:

Posición País Puntos
1 Turquía Turquía 12
2 Alemaña Alemaña 10
3 Reino Unido Reino Unido 8
4 Suíza Suíza 7
5 Suecia Suecia 6
6 España España 5
7 Noruega Noruega 4
8 Austria Austria 3
9 Dinamarca Dinamarca 2
10 Flag of France.svg Francia 1

Marrocos recibiu máis puntuación de

Posición País Puntos
1 Italia Italia 7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Commercial channel interested to join Eurovision Song Contest". Oikotimes. 2007-07-12. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2008-10-17. 
  2. Kuipers, Michael (2007-07-12). "Morocco to return in the next few years?". ESCToday. Consultado o 2008-09-05. 
  3. "Commercial channel interested to join Eurovision Song Contest". Oikotimes. 2008-08-31. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2008. Consultado o 2008-09-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]