Bosnia e Hercegovina no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bosnia e Hercegovina

EuroBosnia-Herzegovina.svg

Estación membro BHRT
Final nacional BH Eurosong
Aparicións 18, antes como Iugoslavia
Primeira aparición 1993
Mellor resultado
Final 2006
Semifinal 1993
2006
Peor resultado
Final 22º 1996
Semifinal 21º 1996
Ligazóns externas
Páxina de Bosnia e Hercegovina en Eurovision.tv

Bosnia e Hercegovina realizou o seu debut como país soberano no Festival de Eurovisión 1993, e competiu cada ano dende entón, a excepción das edicións de 1998 e 2000 e debido á crise económica en 2013, 2014 e 2015.

Nun total de 6 veces, quedou dentro do TOP-10 na gran final e sempre clasificouse á final.

Anteriormente participou como membro da República Federal de Iugoslavia.

Momentos emotivos[editar | editar a fonte]

Debido á Guerra de Bosnia, unha situación moi conflictiva do país en 1993, pensábase que Bosnia non sería capaz de emitir os seus votos polas dificultades de comunicación. Porén, cando tivo lugar a súa quenda púidose ouvir, con interferencias: "Hello Millstreet, this is Sarajevo calling" (Ola Millstreet, chamando dende Saraxevo), o cal xerou un aplauso memorábel por parte do público.

Así mesmo ao ano seguinte no festival de 1994 levouse a cabo a primeira conexión por satélite cos portavoces dos xurados, polo cal estes saían en pantalla. Cando se viu a portavoz bosníaca saudando "Bonsoir Dublin, ici Sarajevo" (Boas noites Dublín, aquí Saraxevo) o público e os presentadores do certame comezaron a aplaudir.

Participacións[editar | editar a fonte]

Ano Sede Artista Título Final Pts Semifinal Pts
1993 Flag of Ireland.svg Millstreet Fazla "Sva bol svijeta" 16 27 02 52
1994 Flag of Ireland.svg Dublín Alma e Dejan "Ostani kraj mene" 15 39
1995 Flag of Ireland.svg Dublín Davor Popović "Dvadeset prvi vijek" 19 14
1996 Flag of Norway.svg Oslo Amila Glamočak "Za našu ljubav" 22 13 21 29
1997 Flag of Ireland.svg Dublín Alma Čardžić "Goodbye" 18 22
1998 Flag of the United Kingdom.svg Birmingham Non participou
1999 Flag of Israel.svg Xerusalem Dino Merlin e Beatrice Poulot "Putnici" 7 86
2000 Flag of Sweden.svg Estocolmo Non participou
2001 Dinamarca Copenhaguen Nino Pršeš "Hano" 14 29
2002 Estonia Tallin Maja Tatić "Na jastuku za dvoje" 15 33
2003 Flag of Latvia.svg Riga Mija Martina "Ne brini" 16 27
2004 Flag of Turkey.svg Istambul Deen "In the Disco" 9 91 07 133
2005 Ucraína Kiev Feminnem "Call me" 14 79 Button accept.png Button accept.png
2006 Grecia Atenas Hari Mata Hari "Lejla" 3 229 02 267
2007 Finlandia Helsinqui Marija Šestić "Rijeka bez imena" 11 106 Button accept.png Button accept.png
2008 Flag of Serbia.svg Belgrado Laka "Pokušaj" 10 110 09 72
2009 Flag of Russia.svg Moscova Regina "Bistra voda" 9 106 03 125
2010 Flag of Norway.svg Oslo Vukašin Brajić "Thunder and lightning" 17 51 08 59
2011 Alemaña Düsseldorf Dino Merlin "Love in Rewind" 6 125 05 109
2012 Flag of Azerbaijan.svg Bakú Maya Sar "Korake ti znam" 18 55 06 77
2013 Flag of Sweden.svg Malmö Non participou
2014 Dinamarca Copenhaguen Non participou
2015 Austria Viena Non participou
2016 Flag of Sweden.svg Estocolmo Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner ''Lujbav Je'' X mark.svg X mark.svg 11 104