Serbia e Montenegro no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Serbia e Montenegro

EuroSerbia-Montenegro.svg

Estación membro RTS, RTCG
Final nacional Evropesma
Aparicións 2
Primeira aparición 2004
Mellor resultado
Final 2004
Semifinal 2004
Peor resultado
Final 2005
Semifinal 2004
Ligazóns externas
Páxina de Serbia e Montenegro en Eurovision.tv

Serbia e Montenegro era un país balcánico que participou no Festival da Canción de Eurovisión en dúas ocasións, ambas dentro dos primeiros 10.

Serbia e Montenegro comezaron a súa participación no Festival da Canción de Eurovisión como parte da República de Iugoslavia, que participou 27 veces entre 1961 e 1992. Polo xeral, as cancións de Iugoslavia terminaban á metade das táboas de resultados; con todo houbo ocasións en que acadaron unha mellor posición. Iugoslavia tivo tres cuartos postos e ata gañou unha vez con Riva e "Rock Me", aínda que a banda non viña de Serbia senón de Croacia e, xa que logo, o Festival de Eurovisión 1990 non tivo lugar en Belgrado (a capital federal), senón en Zagreb.

Logo da desintegración de Iugoslavia en 1992, os novos estados integráronse ao Festival da Canción de Eurovisión de xeito independente. Eslovenia, Croacia e Bosnia e Hercegovina fixeron o seu debut no Festival de Eurovisión 1993, mentres que a A.R.I. de Macedonia o fixo en 1998. Serbia fíxoo en 2004, xunto con Montenegro, cando cambiou a denominación da República Federal de Iugoslavia á confederación de Serbia e Montenegro.[1]

Serbia e Montenegro tiveron un bo debut coa canción "Lane Molle" do cantante serbio Zeljko Joksimovic. Nesa ocasión, lograron cualificarse para a final e quedar en segundo lugar, só detrás de Ruslana e "Wild Dances". O éxito da canción asegurou un posto para Serbia e Montenegro na final do 2005, cando a banda montenegrina Non Name quedou en sétimo lugar.

O ano 2005 a estrutura de Evropesma foi modificada. En 2004 houbo unha final nacional con catro candidatos seleccionados na preselección serbia, Beovizija, mentres que os outros candidatos foron seleccionados directamente. Con todo, en 2005, os montenegrinos organizaron a súa propia final, Montevizija, cuxos primeiros doce postos competirían contra os doce mellores de Beovizija para elixir o representante en Eurovisión. O sistema de puntuación tamén tivo que ser cambiado. O televoto non serviría como método de selección, xa que Serbia ten unha poboación moito máis grande que Montenegro, polo que tería máis influencia. Tendo isto en mente, o televoto só contituíu o 1/9 da nota final dos artistas; os outros 8/9 estaban en mans de xuíces de ambos os países, catro de Serbia e catro de Montenegro. Aínda que este arranxo pareceu estable e xusto ao principio, na práctica probou ser ineficaz, xa que se xerou inconformidade en ambas as nacións cando os xuíces montenegrinos non lle deron ningún punto aos artistas serbios, mentres que os xuíces serbios si que lle deron puntos aos montenegrinos. O resultado foi que Jelena Tomašević, serbia e a favorita do público con "Jutro", perdeu ante o grupo montenegrino Non Name. Ademais disto, primeiro anunciouse que a banda gañara o televoto, aínda que máis adiante se deron indicios de que este fora manipulado. Ao final, Non Name representou a Serbia e Montenegro no Festival da Canción de Eurovisión con "Zauvijek Molla". O grupo logrou reunir 137 puntos.

Debido ao bo resultado de Non Name, Serbia e Montenegro tiñan un posto asegurado na final de 2006. Do mesmo xeito que o ano anterior, o proceso de selección en Evropesma deu problemas. Os xuíces montenegrinos volveron darlle todos os seus puntos aos seus compatriotass, bloqueando as oportunidades serbias. Ao final da edición, anunciouse Non Name como ganador, unha vez máis; con todo, nesta ocasión non gañou no televoto. A situación do momento provocou grandes protestas por parte dos serbios, ata tal punto que no momento de terminar o espectáculo o auditorio estaba practicamente baleiro. O público que quedaba apupou o grupo Non Name cando se anunciou que era o gañador, o que o levou a negarse a cantar a súa canción "MojaLjubavi" ao final. O grupo serbio Flamingosi, que quedara en segundo lugar, tivo que saír ao escenario para pechar o programa.

A radio RTS negouse a recoñecer a Non Name como o ganador e, xa que logo, non quería envialos. RTS deseñou unha nova proposta con dez candidatos para unha nova final, pero esta non foi aceptada por RTCG. Para os montenegrinos, unha nova edición de Evropesma, cuxo ganador fose seleccionado só por televoto, era unha causa perdida. Ambas as televisión non lograron chegar a un acordo e decidiuse retirarse da competición en Atenas. O 20 de marzo do 2006 o país fixo oficial a súa retirada e, aínda que segundo as regras da UER xa pasara a data para o poder facer, ambos os países mantiveron o seu dereito a emitir televotos na semifinal e na final.

O 21 de maio de 2006, un día despois do Festival da Canción de Eurovisión, decidiuse por medio dun referendo que Montenegro sería independente. O 3 de xuño, declarouse a independencia e o final da confederación de Serbia e Montenegro. En 2007, Serbia e Montenegro presentáronse como países independentes, e ambos tiveron que cualificarse desde a rolda semifinal. Montenegro só logrou o 23º posto e, xa que logo, non se cualificou. Doutra banda, Serbia si que tivo éxito; Marija Šerifović obtivo o primeiro posto da semifinal con moita vantaxe e foi declarada como vencedora dous días despois, durante a final. Serbia é o segundo país na historia de Eurovisión que obtén a vitoria o ano do seu debut. Debido a esta vitoria, o Festival da Canción de Eurovisión 2008 tivo lugar en Belgrado.

Participacións[editar | editar a fonte]

Ano Sede Artista Canción Lugar Pts
2004 Flag of Turkey.svg Istambul Željko Joksimović

(Serbia)

Lane Moje 2 263
2005 Ucraína Kiev No Name

(Montenegro)

Zauvijek Moja 7 137
2006 Grecia Atenas No Name

(Montenegro)

Moja ljubavi Retirado[2]

12 puntos[editar | editar a fonte]

Serbia e Montenegro deulle 12 puntos a...

Ano País
2004 República de Macedonia República de Macedonia
2005 Grecia Grecia
2006 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bakker, Sietse (2002-11-27). "No new countries at next Eurovision Song Contest". ESCToday. Consultado o 2009-07-23. 
  2. Por grandes protestas que carrexaron polémica por mor da mal elección que elixiron ao seu representante e ademais ao non chegar a ningún acordo, decidiron retirarse da competición, pero a UER deixoulles o favor de que puidesen votar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]