Líbano no Festival de Eurovisión
| Líbano | |
|---|---|
| Estación membro | Télé-Liban |
| Final nacional | |
| Aparicións | 1 (retirada) |
| Primeira aparición | 2005 (retirada) |
| Mellor resultado | |
| Final | |
| Semifinal | |
| Peor resultado | |
| Final | |
| Semifinal | |
| Ligazóns externas | |
| [ Páxina de Líbano en Eurovision.tv] | |
Líbano nunca participou no Festival de Eurovisión. Télé Liban, a canle membro da UER do país, ía facer o seu debut no Festival de Eurovisión 2005 coa canción "Quand tout s'enfuit" (en galego: Cando todo se escapa) de Aline Lahoud, pero foi forzada a retirarse despois de anunciar que por motivos legais non podería emitir a participación israelí de Shiri Maimon. No Líbano, está prohibido emitir contido israelí en televisión.
Elección interna
[editar | editar a fonte]O 21 de outubro de 2004, Ibrahim El Khoury, director xeral de Télé-Liban, anunciou que o Líbano participaría por primeira vez no Festival de Eurovisión 2005, celebrado en Kíiv, Ucraína.[1] O 3 de novembro, Aline Lahoud foi elixida internamente pola canle para representar o país co tema "Quand tout s'enfuit",[1][2] interpretado na antiga lingua colonial, o francés e escrita por Jad Rahbani e Romeo Lahoud, a cal foi escollida a mediados de febreiro de 2005. Lahoud debería presentarse na semi-final do certame, que se celebrou o 19 de maio.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Bakker, Sietse (03-11-2004). "Aline Lahoud first Lebanese participant!" (en inglés). ESCtoday.com. Arquivado dende o orixinal o 06-11-2008. Consultado o 25-01-2015.
- ↑ "Eurovision Song Contest doch ohne Libanon" (en alemán). Netzeitung. 19-03-2005. Arquivado dende o orixinal o 23-03-2012. Consultado o 27-06-2009.