Festival de Eurovisión 2019
| Festival de Eurovisión 2019 | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lema: Dare to Dream! | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999.
O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»). Este, para Jon Ola Sand, representa «ser valente e ter a confianza suficiente como para actuar no escenario ante unha audiencia mundial e atreverse a soñar con gañar o Festival da Canción de Eurovisión», representando a diversidade, a inclusión, e a unidade.[1]
Organización
[editar | editar a fonte]Sede do festival
[editar | editar a fonte]Durante a rolda de prensa da gañadora, o supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, fixo entrega da invitación de acollida, así como do expediente de organizador do seguinte festival á televisión pública israelí, KAN.
O Primeiro Ministro israelí, Benjamin Netanyahu, declarou na súa conta de Instagram que o Festival de Eurovisión 2019 se celebrará en Xerusalén. Porén, este é un asunto que debe ser confirmado oficialmente pola Unión Europea de Radiodifusión e a televisión de Israel.[2][3]
O Concello da cidade de Xerusalén suxeriu dúas posibles localizacións: o Jerusalem Pais Arena, cunha capacidade de 15.654 espectadores, e o Estadio Teddy Kollek, que podería acoller ata 31.000 espectadores, o cal tería que ser teitado.
A cadea de televisión portuguesa RTP, anfitrioa do Festival de Eurovisión 2018, manifestou a súa capacidade financeira para asegurar a realización do certame en caso de que a UER e o ente público israelí KAN non chegasen a un acordo sobre a sede que asegure a seguridade das delegacións participantes así como de todos os asistentes ao evento.[4]
Trala incerteza creado acerca da elección de Xerusalén como posible sede, provocada pola decisión do goberno dos Estados Unidos de trasladar a súa embaixada á cidade, recoñecéndoa como capital de Israel e provocando un conflito coa Autoridade Palestina, a cidade de Haifa anunciou a presentación dunha candidatura formal, ofrecendo o Estadio Sammy Ofer como recinto potencial. O Estadio Sammy Ofer, con capacidade de 30.000 espectadores, aínda que debería instalarse unha cuberta para acoller o certame.[5] A continuación, anunciouse que se levaría a cabo un proceso de licitación no que, ademais de a Haifa, invitouse a presentar candidatura formal a Xerusalén, Tel Aviv e Eilat.[6] O primeiro ministro Netanyahu declarou entón que o goberno israelí respectaría "calquera decisión" de designación da sede que tome a UER, desdicíndose da súa insistencia anterior por Xerusalén.[7]
Trala inspección por parte da UER dos tres potenciais recintos, o 30 de agosto de 2018 decidiuse que a candidatura de Eilat quedara eliminada, quedando Xerusalén e Tel Aviv como finalistas.[8] O 7 de setembro, a prensa israelí avanzou que o festival se celebraría en Tel Aviv os días 21, 23 e 25 de maio de 2019, aínda que sen oficialización a falta de que a decisión pasara polos distintos estamentos do Estado israelí.[9]
Finalmente, o 13 de setembro de 2018, a UER anunciou que Tel Aviv fora seleccionada como sede.[10]
Cidades candidatas
[editar | editar a fonte]Cidades finalistas Cidade anfitrioa
| Cidade | Sede | Capacidade | Información | ||
|---|---|---|---|---|---|
| Eilat | Hangares do Porto de Eilat | 10 000 | a candidatura dependía da construción dun pavillón que conectaría dous hangares existentes do porto. | ||
| Xerusalén | Pais Arena Jerusalem | 15 654 | – | ||
| Tel Aviv | Expo Tel Aviv (Pavillón 2) | 10 000 | – | ||
Participantes
[editar | editar a fonte]
Semi-Final 1
[editar | editar a fonte]| Orde[11] | País[11] | Artista[11] | Canción[11] | Lingua | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Tamta | "Replay" | Inglés | 9 | 149 | |
| 02 | D mol | "Heaven" | Inglés | 16 | 46 | |
| 03 | Darude feat. Sebastian Rejman | "Look Away" | Inglés | 17 | 23 | |
| 04 | Tulia | "Pali się" | Polaco, inglés | 11 | 120 | |
| 05 | Zala Kralj & Gašper Šantl | "Sebi" | esloveno | 6 | 167 | |
| 06 | Lake Malawi | "Friend of a Friend" | Inglés | 2 | 242 | |
| 07 | Joci Pápai | "Az én apám" | Húngaro | 12 | 97 | |
| 08 | ZENA | "Like It" | Inglés | 10 | 122 | |
| 09 | Nevena Božović | "Kruna" (Круна) | Serbio[a] | 7 | 156 | |
| 10 | Eliot | "Wake Up" | Inglés | 13 | 70 | |
| 11 | Oto Nemsadze | "Keep on Going" | Xeorxiano[b] | 14 | 62 | |
| 12 | Kate Miller-Heidke | "Zero Gravity" | Inglés | 1 | 261 | |
| 13 | Hatari | "Hatrið mun sigra" | Islandés | 3 | 221 | |
| 14 | Victor Crone | "Storm" | Inglés | 4 | 198 | |
| 15 | Conan Osíris | "Telemóveis" | Portugués | 15 | 51 | |
| 16 | Katerine Duska | "Better Love" | Inglés | 5 | 185 | |
| 17 | Serhat | "Say Na Na Na" | Inglés[c] | 8 | 150 |
Semi-Final 2
[editar | editar a fonte]| Orde[12] | País[12] | Artista[12] | Canción[12] | Lingua | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Srbuk | "Walking Out" | Inglés | 16 | 49 | |
| 02 | Sarah McTernan | "22" | Inglés | 18 | 16 | |
| 03 | Anna Odobescu | "Stay" | Inglés | 12 | 85 | |
| 04 | Luca Hänni | "She Got Me" | Inglés | 4 | 232 | |
| 05 | Carousel | "That Night" | Inglés | 15 | 50 | |
| 06 | Ester Peony | "On a Sunday" | Inglés | 13 | 71 | |
| 07 | Leonora | "Love Is Forever" | Inglés, francés[d] | 10 | 94 | |
| 08 | John Lundvik | "Too Late for Love" | Inglés | 3 | 238 | |
| 09 | PÆNDA | "Limits" | Inglés | 17 | 21 | |
| 10 | Roko | "The Dream" | Inglés, croata | 14 | 64 | |
| 11 | Michela | "Chameleon" | Inglés | 8 | 157 | |
| 12 | Jurij Veklenko | "Run with the Lions" | Inglés | 11 | 93 | |
| 13 | Sergey Lazarev | "Scream" | Inglés | 6 | 217 | |
| 14 | Jonida Maliqi | "Ktheju tokës" | Albanés | 9 | 96 | |
| 15 | KEiiNO | "Spirit in the Sky" | Inglés[e] | 7 | 210 | |
| 16 | Duncan Laurence | "Arcade" | Inglés | 1 | 280 | |
| 17 | Tamara Todevska | "Proud" | Inglés | 2 | 239 | |
| 18 | Chingiz | "Truth" | Inglés | 5 | 224 |
Final
[editar | editar a fonte]| N.º | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|
| S!sters | «Sister» | ||||
| Tamta | «Replay» | ||||
| Zala Kralj & Gašper Šantl | «Sebi» | ||||
| Katerine Duska | «Better Love» | ||||
| Lake Malawi | «Friend of a Friend» | ||||
| Serhat | «Say Na Na Na» | ||||
| 14 | Kobi Marimi | «Home» | |||
| Kate Miller-Heidke | «Zero Gravity» | ||||
| Zena | «Like It» | ||||
| Miki | «La venda» | ||||
| Victor Crone | «Storm» | ||||
| Bilal Hassani | «Roi» | ||||
| Hatari | «Hatrið mun sigra» | ||||
| Mahmood | «Soldi» | ||||
| Michael Rice | «Bigger than Us» | ||||
| Nevena Božović | «Kruna» |
Outros países
[editar | editar a fonte]Membros activos da UER
[editar | editar a fonte]
Andorra: o ente público andorrano, RTVA, afirmou o pasado 20 de maio de 2018 que non participaría en Eurovisión 2019, nin noutros eventos da UER, debido ao elevado custo que suporía para a cadea.[13]
Bosnia e Hercegovina: o país non retornará en 2019 debido ao conflito derivado da débeda millonaria da BHRT coa UER.[14]
Luxemburgo: un ano máis a cadea RTL incidiu no seu escaso interese no Festival, cousa que vén facendo desde 1993.[15]
Turquía: o director xeral da TRT deu unha rolda de prensa para tratar o tema de Eurovisión. Nela, Ibrahim Eren fixo unhas declaracións LGTBIfóbicas ao describir o concurso como 'un caos de xénero con representantes tales como Conchita Wurst' e anunciou que non voltarán ata que 'se restablezan os valores normais do concurso'. A UER publicou un comunicado apuntando a que 'están seguros de que Turquía poderá achegar modernidade de novo no futuro'.[16]
Países que non son membros da UER
[editar | editar a fonte]
Liechtenstein: 1FLTV, o ente público do país anunciou en novembro de 2017 que "estaba a considerar" o debut do principado en 2019, usando o Liechtenstein Music Contest como formato para escoller representante.[17] Finalmente, o pasado 26 de xullo o Goberno anunciou que o país non debutará, debido á recente morte do seu director.[18]
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ Contén dúas liñas repetidas en inglés.
- ↑ Contén palabras en abkhazo.
- ↑ Contén tres palabras en turco.
- ↑ Contén algunhas liñas en dinamarqués e alemán.
- ↑ Contén unha liña en saami setentrional.
- Referencias
- ↑ With just over 200 days until the Grand Final, the slogan of the 2019 Eurovision Song Contest in Tel Aviv has been revealed: Dare to Dream.
- ↑ "Benjamin Netanyahu on Instagram: “לשנה הבאה בירושלים 🇮🇱🇮🇱🇮🇱”". Instagram (en inglés). Consultado o 2018-05-13.
- ↑ "Benjamin Netanyahu on Instagram: “נטע, את כפרה אמיתית. הבאת הרבה כבוד למדינת ישראל! לשנה הבאה בירושלים! 🇮🇱🇮🇱🇮🇱”". Instagram (en inglés). Consultado o 2018-05-13.
- ↑ Eurovision-spain. "Eurovisión 2018 logra 100 millones de euros de beneficios". Consultado o 22 de maio de 2018.
- ↑ Laura Ortiz. "Eurovisión 2019: Haifa presenta su candidatura oficial para albergar el Festival". Consultado o 10 de xuño de 2018.
- ↑ Manu Mahía. "Israel cambia de estrategia: Jerusalén, Tel Aviv, Haifa y Eilat competirán por acoger Eurovisión". Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ William Lee Adams. "Eurovision 2019 host city: Haifa, Tel Aviv, Eilat and Jerusalem submit bids…as government says it won’t interfere with tender process" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ Rico, Vicente (30 de agosto de 2018). "Eilat se queda fuera de juego: Jerusalén o Tel Aviv acogerán Eurovisión 2019". eurovision-spain.com.
- ↑ Rico, Vicente (7 de setembro de 2018). "La prensa israelí avanza que Tel Aviv acogerá Eurovisión 2019, con la final el 25 de mayo". eurovision-spain.com.
- ↑ Gregoris, Ángel M. (13 de setembro de 2018). "Tel Aviv será la sede de Eurovisión 2019 cuya final se fija el 18 de mayo". eurovision-spain.com (en Castellano). Consultado o 13 de setembro de 2018.
- 1 2 3 4 "Eurovision Song Contest 2019 First Semi-Final". eurovision.tv. European Broadcasting Union. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- 1 2 3 4 "Eurovision Song Contest 2019 Second Semi-Final". eurovision.tv. European Broadcasting Union. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Andorra descarta participar en Eurovisión 2019 y otros certámenes de la UER". SpainEurovisionInfo (en castelán). 2018-05-20. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-21.
- ↑ "Bosnia & Herzegovina: BHRT Barred From Competing in Eurovision Contests - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2018-05-25. Consultado o 2018-08-22.
- ↑ "Luxembourg: RTL Télé Lëtzebuerg Rules out Eurovision Return in 2019 - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2018-07-21. Consultado o 2018-08-22.
- ↑ "TRT Genel Müdürü'nden skandal Eurovision açıklaması - Güncel". www.abcgazetesi.com (en turco). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 2018-08-22.
- ↑ "Liechtenstein: 1FLTV Plans Eurovision Debut in 2019 - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2017-11-04. Consultado o 2018-05-21.
- ↑ "Eurovision Liechtenstein: 1 FL TV will not debut in Eurovision 2019 - ESCToday.com". Eurovision News, Polls and Information by ESCToday (en inglés). 2018-07-26. Consultado o 2018-08-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: |
Festival de Eurovisión Israel 2019 |
Sucesor: |
| A Galipedia ten un portal sobre: Eurovisión |
