O italiano moderno é un dialecto que conseguiu imporse como lingua propia dunha rexión moito máis vasta cá súa rexión dialectal. Trátase do dialectotoscano de Florencia, Pisa e Siena, que se impuxo non por razóns políticas, económicas ou militares como adoita ocorrer, senón debido ao prestixio cultural que levaba consigo ao ser o idioma no que se escribiu a Divina Comedia, que se considera a primeira obra literaria escrita na "lingua moderna". O toscano é en efecto a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados os tres grandes escritores do Prerrenacemento italiano.
Canepari, Luciano (1992). Il MªPi – Manuale di pronuncia italiana[Handbook of Italian Pronunciation](en Italian). Bologna: Zanichelli. ISBN978-88-08-24624-0.
Borrelli, Doris (2002). Raddoppiamento Sintattico in Italian: A Synchronic and Diachronic Cross-Dialectical Study. Outstanding dissertations in linguistics 0. New York: Psychology Press. ISBN978-0415942072.