Serbia e Montenegro participaron por primeira vez no 2004 cun participante serbio. No 2005, un participante montenegrino (No Name) gañou a selección nacional, o acto quedou en 7º lugar e deulles o seu boleto á final do 2006. Durante a preselección do 2006 descubriuse corrupción por parte do país para enviar de novo a No Name e polo tanto Serbia refusou envialos, resultado en que ambos países retirásense da competencia.
En 2007, como un estado independente, Montenegro seleccionou ao seu primeiro representante durante unha rolda final, MontenegroSong, antes unha das dúas semifinais (a outra sendo a de Serbia). O debut do país non foi totalmente exitoso xa que o seu representante, Stevan Faddy e a canción "Ajde, Kroči" terminaron no 23º lugar durante a semifinal. participaron tanto en 2008 como en 2009, non logrando pasar ningunha vez á final. Montenegro realizou a súa volta ao Festival en 2012, quedando eliminado na 1º Semifinal que tivo lugar en Bakú o 22 de maio.
Participacións como parte de Iugoslavia/Serbia e Montenegro[editar | editar a fonte]