Rabat: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Engado imaxe
Liña 5: Liña 5:
|bandeira = Flag of Rabat Sale province.svg
|bandeira = Flag of Rabat Sale province.svg
|escudo =
|escudo =
|imaxe =
|imaxe =Rabat montage.jpg
|situación = {{Mapa de localización
|situación = {{Mapa de localización
|Marrocos
|Marrocos

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2021 ás 18:35

Coordenadas: 34°01′15″N 6°50′30″O / 34.020882, -6.84165 Modelo:Cidade

Rabat (en árabe: الرباط, ar-ribâT) é a capital administrativa de Marrocos. Está situada no litoral Atlántico do país, sobre a beira esquerda da foz do río Bu Regreg, enfronte da cidade de Salé. Ten 1.5 millóns de habitantes, e cun total de 2.300.000 habitantes na aglomeración metropolitana.

Historia

Está documentado o poboamento do sitio que hoxe ocupa Rabat desde a Antigüidade. Propiamente falando a cidade foi fundada en 1150 polo sultán almohade Abd al-Mumin, que fixo edificar unha cidadela-forte (a futura Kasbah dos Udaïa), unha mesquita e unha residencia. É nesa altura que se a denomina un ribat, e dicir, unha fortaleza. O nome actual ven de Ribat Al Fath, « o campo da vitoria ». Foi o neto de al-Mūmin, Ya'qub al-Mansūr, quen engrandeceu e completou a cidade, especialmente dotándoa de murallas. Polo demais, a cidade era a base das expedicións almohades en Al-Andalus.

Entrou nun período de decadencia despois de 1253, cando os Benimerín escolleron Fez como capital. En 1609, logo do decreto de expulsión dos mouriscos emitido por Filipe III, milleiros de musulmáns atoparon refuxio nesta cidade.

En 1912, Lyautey fixo de Rabat a capital do protectorado francés de Marrocos e máis sede do Résident général. En 1956, cando da independencia marroquí, a cidade conservou a capitalidade.

Avenida de Mohammed V.

Monumentos notábeis

Rabat, capital moderna e cidade histórica
Ficheiro:Marokko 011.jpg
Mausoleo de Mohammed V.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísMarrocos Marrocos
Localización34°01′31″N 6°50′10″O / 34.02528, -6.83611
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2012 (36ª sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador1401

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas