Bahrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bahrein")
Bahrain
Bandeira de Bahrain Escudo de Bahrain
Bandeira Escudo
Lema: n/d
Himno nacional: Bahrainona («O noso Bahrain»)
 
LocationBahrain.png
 
Capital
 • Poboación
Manama
140.400
Cidade máis poboada Al-Muharraq
Linguas oficiais
* Árabe
Forma de goberno Monarquía constitucional
Hamad bin Isa Al Khalifa

Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa Khalifa bin Salman Al Khalifa

Independencia
1783

1971

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 175º
678 km²
0%
0 km km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 157º
677.886 (2004 est.)¹
987 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 96º
US$ 16.065 millóns
US$ 21.447 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (200)
 • PIB per cápita
Posto 119º
US$ 17.681 millóns
US$ 23.604 (2006)
IDH (2006) 0,859 (39º) – Elevado
Moeda Dinar (BHD)
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC 3
Dominio de Internet .bh
Prefixo telefónico +973
Prefixo radiofónico A9A-A9Z
Código ISO 048 / BHR / BH
Membro de: ONU, Liga Árabe, CCEAGP

¹ Inclúe 235.108 habitantes non nacionalizados.

Tódolos países do mundo

O Reino de Bahrain (Mamlakat al-Bahrain), Bahrein ou Bahrain, é un país do Medio Oriente. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e existen entre 25 e 28 illotes menores. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo Sur e o Leste; e con Arabia Saudita polo Oeste e o Noroeste, unidos pola Calzada do Rei Fahd.

O nome árabe do país, Mamlakat al-Bahrayn, significa literalmente «reino dos dous mares».

Historia[editar | editar a fonte]

Bahrain foi poboado desde tempos prehistóricos. A súa estratéxica posición no Golfo Pérsico fixo que fose controlada e influenciada polos asirios, babilonios, gregos, persas e finalmente polos árabes, na que a illa converteuse ao Islam. Bahréin foi coñecida en tempos antigos como Dilmun, Tylos (nome dado polos gregos), Awal ou Mishmahig cando foi parte do Imperio Persa.

As illas foron nun principio refuxio dos musulmáns garmatas, sendo ocupadas por Portugal en 1507. No período de 1602 a 1783 pasaron a estar baixo a dependencia de Persia como un territorio cun goberno ocasional. En 1783 é gobernada pola dinastía árabe dos al Khalifa xa como un jecato independente separado de Persia. Debido ás pretensións de Persia de recapturar as illas, someteuse en 1861 baixo protectarado británico, a cambio de protección e foi ratificado segundo os Tratados de 1880, 1892 e 1913. Aínda así Irán reivindicou para si a posesión do arquipélago, aínda que renunciou ás súas pretensións en 1970 e en 1980.

En 1932 comézase a escavar pétroleo na zona. Na década de 1950 comezan a xurdir movementos de reivindicación nacionalista que reclamaban a independencia.

En 1968 Bahrain integrouse na Federación de Emiratos Árabes, aínda que tres anos despois decidiu independizarse, 14 de agosto de 1971, manténdose á dinastía dos al Khalifa á fronte do Estado, e o xeque asume o título de emir. Ese mesmo mes asinouse un tratado de amizade con Gran Bretaña que retirou as súas tropas da rexión e en decembro asinouse un novo tratado cos Estados Unidos de forma que a mariña americana obtivo permiso para instalarse na base naval de al-Jufayr.

En xuño de 1973 promulgouse unha nova constitución que deu lugar á elección do primeiro parlamento democrático elixido por sufraxio universal no mes de decembro. Pero, tras saltar un conflito entre a asemblea e o Emir Isa bin Sulman al Khalifa xusto un ano despois, disolveuse a asemblea nacional e procedeuse á detención de varias decenas de membros da oposición. A constitución foi suspendida e todos os poderes foron asumidos polo Emir Isa bin Sulman al Khalifa.

En 1977 Estados Unidos evacuou a base naval de al-Jufayr. A revolución iraniana repercutiu no país na década dos 80 debido ao efecto que producía un poder sunní sobre unha poboación maioritariamente chiíta, como consecuencia deste feito, en 1981 créase o clandestino Fronte para a Liberación Nacional e Irán reivindica, de novo, algunhas das illas do emirato. Bahrain asinará entón un acordo de defensa con Arabia Saudita e entrará a formar parte do Consello de Cooperación do Golfo. En 1983 permitiuse a formación da organización parasindical dos Traballadores do Petróleo.

Na década de 1990 creceu a presión por reformas políticas, con protestas durante 1994 e 1995, á súa vez en 1996 o goberno deteiene a 29 persoas acusándoas de estar implicados nun complot para derrocar a monarquía e instaurar unha república islámica acusando a Irán desta conspiración.

En 1999 o Emir Isa bin Sulman al Khalifa morre e o seu fillo Hamad bin Isa al Khalifa herda o trono, permitindo alcanzar unha transición democrática no país. No 2002 o Emir asume o trono como Rei.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Bahréin é unha monarquía hereditaria baixo o mandato da familia Al Khalifa. O Rei é o Xefe de Estado e o Primeiro Ministro é Xefe do Goberno. Ambos os postos están ocupados por membros da familia Al Khalifa, co rei Hamad bin Isa Al Khalifa e o Primeiro Ministro, o seu tío Khalifa bin Salman Al Khalifa. Ambos gobernan baixo a consulta dos seus ministros. O sistema xudicial é relativamente independente do goberno e está baseado en diversas fontes legais, incluíndo a Lei Islámica sunnita e xiíta. O novo rei está traballando para impor dereitos civís e incrementar as reformas democráticas. Celebráronse eleccións municipais no 2002 e eleccións lexislativas no 2004. O Rei Hamad ten tamén intencións de crear unha cámara lexislativa composto por delegados elixidos conformado de homes e mulleres.

Poetas árabes[editar | editar a fonte]

Ali Al Jallawi

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Bahréin está dividido en cinco gobernacións.

  1. Capital
  2. Central
  3. Muharraq
  4. Norte
  5. Sur

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gobernacións de Bahréin

Bahréin é un emirato da costa oriental da península Arábiga, no golfo Pérsico situado entre os paralelos 25º 32" e 26º 20" de latitude Norte e os meridianos 50º 20" e 50º 50" de lonxitude Este.

Está constituído por un arquipélago de 33 illas, das cales as principais son: a illa de Bahréin, onde se atopa a capital, Manama, cun tamaño de 48 km de norte a Sur e 16 km deste a oeste supondo o 85% da superficie total do estado; e a próxima illa de Muharraq (de 18 km²) unida á anterior por unha estrada elevada sobre un dique fronte a Manama.

Outras illas de menor importancia son as illas Hawar con 50 km², fronte á costa de Qatar; a deserta illa de Umm Na'san (na costa occidental de Bahréin), con 19 km², unida coa illa de Bahréin e Arabia Saudita coa Calzada do Rei Fahd; e a illa de Sitra de 10 km² situada na costa oriental onde se concentra unha importante industria, a illa está conectada por unha estrada elevada á illa de Bahréin.

Bahréin non ten accidentes de importancia exceptuando o Jabal ad-Dukhan ou Montaña de Fume (polo aspecto que presenta os días quentes e húmidos). Este pico é a maior altitude do arquipélago con 137 m de altura, e está situado no centro da illa de Bahréin. Bahréin atópase no golfo pérsico.

Só as terras ao norte e noroeste desta montaña son aproveitables para a agricultura de datileras e hortos, grazas á utilización de pozos artesianos, mananciais e plantas desalinizadoras. O resto de terras, ao sur, leste e oeste dela, son desérticas con algúns pequenos pantanos.

En canto ao clima, os invernos poden considerarse fríos con choivas dispersas (74 mm/ano), duran de decembro a febreiro e o clima vese influenciado por sistemas de baixas presións do Mediterráneo que viaxan cara ao leste polo golfo. Os veráns son quentes e con gran humidade con temperaturas entre 38 e 42°C e humidades relativas entre o 67 e o 82%.

Vista lateral de Bahréin desde o espazo

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Bahrain.

A economía de Bahréin está baseada fundamentalmente no petróleo. En 1932 comezou a explotarse o primeiro pozo de petróleo da rexión, que aínda que é de tamaño modesto, a produción anual descendeu por baixo das 3 Mt, permitiu a modernización do estado.

No entanto, existen importantes reservas de gas natural (180.000 millóns de m³) e outro tipo de actividades industriais: refinería de petróleo de 12 Mt de capacidade que procesa petróleo de Sudán; fundición de aluminio (120.000 t/ano) que importa o mineral de bauxita de ultramar, e fábricas de cemento.

En canto outro tipo de actividades do sector servizos, pódese dicir que estas cada vez teñen unha maior repercusión na economía do arquipélago, debido ao papel de praza financeira internacional de grande actividade que é Bahréin. É sede de numerosos bancos, dispón de zona franca e desenvolveu unha importante infraestrutura portuaria e de comunicacións por estrada.

A pesar de todo isto a renda media é a máis baixa de todos os pequenos estados petroleiros do golfo Pérsico.

Manama, a opulenta capital de Bahrein.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2005). Poboación en miles de habitantes.

Ao ano 2007, Bahrein ten unha poboación de 708.500 habitantes. O 62.4% naceu neste país e o restante 37.6% son inmigrantes na súa maioría africanos e asiáticos. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 74 anos. O 89.1% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.57.

A relixión oficial de Bahréin é o Islam, cunha poboación composto maioritariamente por xiítas e sunnitas, pero hai pequenas minorías xudías e cristiás. Moitos bahreníes son de orixe árabe, aínda que algunhas tribos son de orixe persa ("Bahaareyneh-gaan").

As comunidades actuais poden ser clasificadas como os Al Khalifa, tribos árabes aliadas á familia Al-Khalifa, os Baharnah (árabes xiítas), os Howilla (árabes sunnitas de Persia), árabes sunnitas (de Arabia), Ajam (xiítas persas), hindús que foron traídos a Bahréin en éraa do petróleo (son chamados Banyan) e unha pequena comunidade xudía, entre outros grupos.

Festas[editar | editar a fonte]

Data Nome en castelán Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo
16 de decembro Día Nacional
17 de decembro Día do Ascenso
variado Festa do Sacrificio ou Gran Festa Eid ul-Adha Conmemora a disposición de Abraham de sacrificar ao seu fillo, ocorre ao final do mes de hajj
variado Pequena Festa Eid ul-Fitr Conmemora o fin do Ramadán
variado Ano Novo Islámico Muharram
variado Al-Isra' ul-Miraj Conmemora o ascenso de Mahoma ao ceo
variado Aniversario do Profeta Mahoma Mawlid al-Nabi
variado Ashura Ashura Morte do imán Husain Ao Shaheed (xiíta)

A Bahrain adóitaselle describir como o "Oriente Medio Lixeiro": un país que mestura unha infraestrutura dunha modernidade extrema cunha identidade definitivamente persa, só que a diferenza doutras nacións da zona, a súa riqueza non é só un reflexo da magnitude da súa riqueza petrolífera, senón que está unida tamén á creación dunha poboación indíxena de clase media. Este feito único diferenciador do Golfo Pérsico tradúcese en que Bahrain tende a ser máis liberal en xeral que os seus veciños. Aínda que o Islam é a relixión maioritaria, os bahreiníes destacan pola súa tolerancia, o que fai posible ver mesquitas xunto a igrexas, un templo hindú, unha Gurudwara Sikh e unha sinagoga xudía. Este país converteuse en lugar de acollida para diversas comunidades vítima da persecución noutros lugares.

Agora resulta habitual atopar seminarios sobre temas que antes eran insólitos, como problemas maritales e sexo e abuso infantil. Outra nova faceta de que ilustra o status bahreiní en canto a apertura ten que ver con que é o país máis prolífico en canto á publicación de libros dentro do mundo árabe, con 132 títulos publicados en 2005 para unha poboación de 700.000. En comparación, a media do total da comunidade árabe é de sete libros publicados por cada millón de habitantes en 2005, segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento.

Algunhas celebridades vinculadas ao reino inclúen aos cantantes Michael Jackson, Shakira e ao piloto británico de Fórmula 1 Jenson Button, con propiedades alí.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Commons ten imaxes sobre Bahrain

Vexa[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bahrain