Fez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°03′00″N 4°58′59″O / 34.05000, -4.98306

Fez
فاس (en árabe)
Vue medina fes.jpg
Vista da medina de Fez.
Situación xeográfica
Fez en Marrocos
Fez
Fez
País Flag of Morocco.svg Marrocos
Rexión Fès-Meknès
Prefectura Prefectura de Fez
Xeografía
Altitude 579 msnm
Superficie 89 km²
Poboación
Poboación 1 112 072 hab. (2014)[1]
Densidade 12 494 hab/km²
Información
Código postal 30000
Alcalde Driss El Azami El Idrissi (2015, PXD)
Páxina web Páxina oficial

Fez[2][3] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1 112 072 habitantes.

A cidade de Fez é a capital do Islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.

Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.

A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.

Monumentos, edificios representativos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Vista de Fez.
Palacio real de Fez.

A medina é Patrimonio da Humanidade desde 1981.[4]

  • Mesquita de El-Qaraouiyyîn
  • Museo del palacio Batha
  • Madraza de Bou Inania
  • Mesquita de Ech-Cherabliyyîn
  • Museo Nejjarîn
  • Madraza de El-Attarîn
  • Mesquita dos andaluces
  • Madraza de Es-Sahrij
  • Fortaleza Norte
  • As Tumbas Merínidas
  • Fez el Bali (medina medieval da cidade)
  • Fez el Jedid (nova medina de Fez)
  • A Mellah

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Censo de 2014 de Marrocos". Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  4. Unesco (1981). "Medina of Fez" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2009. 
  5. A irmandade entre Fez e Xerusalén (al-Quds en árabe) foi firmado coa Organización para a Liberación de Palestina. Marrocos non reconoce ao estado de Israel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fez Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]