Laza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
gastocapitalhab= |
gastocapitalhab= |
}}
}}
'''Laza''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca de Verín]]. Segundo o padrón municipal en [[2015]] tiña 1.424 habitantes <small>(1.826 en [[2003]])</small>.
'''Laza''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca de Verín]]. Segundo o padrón municipal en [[2017]] tiña 1.331 habitantes <small>(1.826 en [[2003]])</small>.


== Demografía ==
== Demografía ==
Liña 58: Liña 58:
|-----
|-----
! Censo total
! Censo total
! 1.424 <sup>(2015)</sup>
! 1.331 <sup>(2017)</sup>
|-----
|-----
| Menores de 15 anos
| Menores de 15 anos
| 66 (4.63 %)
| 58 (4.36 %)
|-----
|-----
| Entre 15 e 64 anos
| Entre 15 e 64 anos
| 714 (50.14 %)
| 663 (49.81 %)
|-----
|-----
| Maiores de 65 anos
| Maiores de 65 anos
| 644 (45.22 %)
| 610 (45.83 %)
|}
|}



Revisión como estaba o 10 de xullo de 2018 ás 17:10

Coordenadas: 42°3′40.5″N 7°27′37.2″O / 42.061250, -7.460333

Laza
Igrexa de Santa María de Retorta.
Situación
Xentilicio[1]lacense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación1.167 hab. (2023)[2][3]
Área215,9 km²[3]
Densidade5,41 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeJosé Ramón Barreal (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Laza
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes90,18%
Na rede
http://www.laza.es/
editar datos en Wikidata ]

Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2017 tiña 1.331 habitantes (1.826 en 2003).

Demografía

Censo total 1.331 (2017)
Menores de 15 anos 58 (4.36 %)
Entre 15 e 64 anos 663 (49.81 %)
Maiores de 65 anos 610 (45.83 %)
Evolución da poboación de Laza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.405 4.262 4.573 3.034 1.800 1.570
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe celta[Cómpre referencia].

Historia

No concello hai varios sitios arqueoloxicos da idade de bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade de ferro desenvolveuse a cultura castrexa, aparecendo o castro como hábitat. Aparece nos cumes ou na caída dos outeiros de media altura, aproveitando as cualidades defensivas, agrícolas , gandeiras ou/ e mineiras. Na tradición popular adquiren diferentes nomes: castro, castelo, coroa, cidadela etc... No Concello de Laza atopamos abundantes mostras deste tipo de xacementos:

O Castro. (Asentamento fortificado en Castro de Laza). Segundo Xesús Taboada Chivite ("Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza, 1953): “Castro de Laza, en el pueblo de su nombre, al borde del camino secundario que enlazaba las vías 17 y 18 del itinerario de Antonio Pío”.

E apoiando a idea do paso da Vía Secundaria IV en Galicia que unía Chaves (Portugal) e Baños de Molgas (Ourense): “Por Laza, bordeando el Oppidum allí existente, cruzaba el camino, que desde Alberguería asciende hasta la Sierra de San Mamed” (Manuel Fernández Castos y Manuel Fuentes Corral, nº 35, Nós, A Coruña.)

E segundo o autor nativo deste pobo: Antonio-Augusto Diéguez Añel na súa obra "Támega", páxina14:

“La singularidad de este castro está en su relación con el oppidum, único en toda la Vía Romana Secundaria IV, de Chaves (Portugal), a Baños de Molgas, en la provincia de Ourense, al que es obrigado considerar como prototipo de lo que es y significa un castro natural, sin construcciones aparentes, situado en un lugar estratégico, con un entorno geográfico también singular, elegido previamente por los pueblos primitivos pre-celticos, celtas y romanos, de quienes quedan vestigios".
  • Castro dos Mouros. (Asentamento fortificado. Soutelo Verde)
  • A Coroa. (Asentamento fortificado. Carraxó).
  • A Cidadella. (Asentamento fortificado. Carraxo. Hai que destacar neste castro a existencia nun monte próximo dunha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación).
  • Lombo da Cerca. (Asentamento fortificado. Trez).
  • O castro. (Asentamento fortificado. Alberguería.)
  • A Picota. (Asentamento. Camba).

As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.

Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:

  • A Coroa. (Explotación aurífera en aluvión. Camba).
  • Os Casarellos. (Asentamento. Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta).
  • Cabeza de Cántara. (Explotación mineira. Tamén puido ser aurífera. Cerdedelo).
  • Vasilla de Carraxó. (Cerámica. Carraxó).
  • Ara anepígrafa da Alberguería.
  • As Minas Vellas de Arcucelos.

Na Idade Media como sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra “Mari Hernández, La gallega” escribe:

“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....

A finais do século XVIII, ano 1777, Pedro González de Ulloa, no seu libro “Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense” di o seguinte respecto a Laza:

“El Duque mi señor pone Corregidor, Escribanos de número, y ministros con jurisdicción sobre la mayor parte de los vecinos; comprendiendo también las parroquias de Castro, Cerdedelo, Campo de becerros, y la sobredicha de Retorta. Y todas concurren a la audiencia de Laza; en donde reside el Corregidor…..”

Sobre o couto xurisdicional de Alberguería, tiña o poder o Arcediago de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explícannos como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de: Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.

No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.

Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Laza.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Laza

A Alberguería (Santa María) | Camba (San Salvador) | Carraxo (San Bieito) | O Castro de Laza (San Pedro) | Cerdedelo (Santa María) | Laza (San Xoán) | Matamá (Santa María) | Retorta (Santa María) | Toro (San Lourenzo) | Trez (Santiago)

Lugares de Laza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Laza".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén