Matamá, Laza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°02′06.3″N 7°25′57.0″O / 42.035083, -7.432500

Matamá
Praza Matamá, Matamá, Laza.jpg
Praza en Matamá.
ConcelloLaza
Poboación155 hab. (2017)
Entidades de poboación1

Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar[1].

O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das vairas máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á baña. Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Matamá[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Matamá no concello de Laza (Ourense)

Matamá

Parroquias de Laza[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Laza

A Alberguería (Santa María) | Camba (San Salvador) | Carraxo (San Bieito) | O Castro de Laza (San Pedro) | Cerdedelo (Santa María) | Laza (San Xoán) | Matamá (Santa María) | Retorta (Santa María) | Toro (San Lourenzo) | Trez (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navaza, G.: Fitotoponimia galega, p. 334. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]