Salvador Gil Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Gil Moure
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Arcos, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
A Peroxa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCarolo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Salvador Gil Moure, coñecido como Carolo, nado en Arcos (Chantada) cara a 1913 e finado na Peroxa o 7 de febreiro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Gomesende. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Formou parte dun grupo guerrilleiro comandado polos irmáns Antonio e Eulogio Rodríguez González que actuou dende 1939 nos Peares e na Peroxa xunto con Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, Agustín Rodríguez Incógnito e Severo Rodríguez Peleteiro.[1] Cando os irmáns Rodríguez González marcharon a Cataluña en agosto de 1941, quedou ao mando do grupo. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo pola causa 422/41 por atraco a Ricardo Sobrado Fernández, de Sabadelle, e morte do garda civil Rogelio González Coldeiro, xunto con Jesús López Suárez.[2] Foi condenado pola propia guerrilla por roubar aos labregos e morto por unha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, o 7 de febreiro de 1942.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 17-2-1942.
  2. El Progreso, 21-6-1941, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.
  4. El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 24. ISBN 978-84-8487-635-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]