Carlos Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Allegue Caruncho»)
Infotaula de personaCarlos Allegue
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Carlos Allegue Caruncho, nado en Ferrol o 6 de outubro de 1903 e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1951, foi un militar e dirixente comunista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Allegue era militar profesional, condestable do terzo norte da Infantaría de Mariña con sede en Ferrol, a súa cidade natal. En 1934 foi destinado a Maó, regresando despois a Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que presentarse en xaneiro de 1937 ante un “tribunal de persoas honorables” para amosar a súa adhesión ao réxime. A pesar diso foi expulsado do exército e en 1941 desterrado en León, dedicouse ao comercio para vivir. De regreso a Ferrol, en 1943 organizou unha célula comunista entre os militares de Ferrol e coa información que lles facilitou un grupo guerrilleiro conseguiu asaltar o cuartel de Caranza para se apoderar de munición. Considerado o principal dirixente do PCE en Ferrol, a policía arrestouno en xaneiro 1947. Malia iso conseguiu fuxir da cidade, ingresando na guerrilla como comisario político da IV Agrupación Guerrilleira. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Antonio Tenreiro Leira, Adolfo Allegue Allegue e Jesús Calvo García.[1]

En 1951, trala caída dos refuxios da guerrilla na zona de Oleiros, Allegue enfermo procurou refuxio na súa casa. O 27 de xullo a Garda Civil entrou na súa casa, morrendo o dirixente comunista no tiroteo, xunto co seu fillo máis vello, Carlos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Iglesias Deibe en 1926 e foi pai de Carlos Allegue Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]