Chouzán, Carballedo
| Chouzán | |
|---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán. | |
| Concello | Carballedo[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°31′09″N 7°43′36″O / 42.51917163, -7.72668457 |
| Poboación | 22 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes, no 2020 eran ,10 mulleres e 12 homes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades Flauzani (dun nome Flaudianus). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome [2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa mosteiral de Chouzán data do século XII, é de estilo románico[3]. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse pedra a pedra ata a súa actual localización.[4]
Chouzán na cultura popular
[editar | editar a fonte]Nicanor Rielo Carballo recolleu en Chouzán este exconxuro para protexerse do raio:
Tan tan, tan tan,
San Esteban de Chouzán,
garda viño e garda pan,
garda do fuego e alquitrán!Nicanor Rielo Carballo, px. 160
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ Ramón Fernández-Oxea, X. (1944). "San Esteban de Chouzán y sus pinturas murales". Archivo español de arte 17 (61): 10-23. ISSN 0004-0428.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Santo Estevo de Chouzán.
- Fiestra na igrexa de Chouzán.
- Escudo na igrexa de Chouzán.
- Igrexa de Santo Estevo de Chouzán.
- Santo Estevo de Chouzán desde Castro de Marce
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Chouzán
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Chouzán no concello de Carballedo (Lugo) | |
|---|---|
|
A Cela | Chouzán | A Grixoá | Pacios | Paradela | A Pena | A Poxa | A Voutureira |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 160. ISBN 84-7041-041-5.