Buciños, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buciños
Detalle Igrexa parroquial de Buciños
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°32′18″N 7°51′10″O / 42.538386, -7.852775Coordenadas: 42°32′18″N 7°51′10″O / 42.538386, -7.852775
Poboación155 hab. (2020)
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes), en 2020, 115, 81 mulleres e 74 homes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome da parroquia deriva do antropónimo en latín Buccinius relacionado con buccina/bucina[2].

Fóra desta parroquia ningún outro lugar de Galicia leva o nome de Buciños

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, situada no lugar de Buciños, foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XIX baixo a dirección do mestre Alonso Fraguas. Contén tres retablos de estilo neoclásico. O maior, no presbiterio, está dedicado a San Miguel; o do lado sur á Virxe do Carme; o do lado norte á Nosa Señora do Rosario.

No seu interior consérvanse as cinzas de San Pexerto mártir, atopado en xaneiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma[3]. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior coas letras gravadas PEGERTVS[4]. O nome Pegerto foi moi común na contorna, e se ben a xente do lugar pronuncia "Pegerto ou Peguerto", a evolución natural de ser palabra patrimonial sería Pexerto.[5] A súa festividade celébrase o 9 de setembro,[6] cunha romaría de sona porque a el ofrecíanse os mozos que entraban en quintas xa que era crenza que fora soldado en Roma. Moita xente ía o día 8 á Nosa Señora do Faro e xa continuaba para Buciños celebrar o San Pexerto.

Tamén era moi concorrida a festa do patrón San Miguel (29 de setembro) na que se xuntaba moita xente para "comer de campo" a carne ao caldeiro, o polbo á feira e a comida da casa. Ademais do campo da festa enchíanse de xente os prados da regueira. Como xa era unha festa tardía e no tempo da vendima repetíase o dito: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.

O cruceiro de Buciños, século XIX, ten o capitel finalizado coas imaxes da Virxe e Cristo[7].

Na parroquia de Buciños consérvanse en moi bo estado os muíños do Muleiro[8]

Diante da entrada da Casa Grande atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, un carballo coñecido como o avó de Europa[9].

Fronte á igrexa parroquial está a casa natal do escultor Manuel García "Buciños".

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Buciños[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo)

Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. "Arquitectura religiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 06/07/2017. 
  4. "Pegerto". Lembranzas do Seminario de Lugo. Consultado o 06/07/2017. 
  5. Ferro Ruibal, (dir.); Boullón Agrelo, Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Lema Suárez, Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (en galego). Vigo: Ir Indo. p. 433. ISBN 84-7680-096-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  6. Guerra, Jesús (2004). Vida y novena de San Pegerto de Buciños. 
  7. "Patrimonio etnográfico". Concello de Carballedo. Consultado o 26/08/2017. 
  8. "Foto de Muiños do Muleiro". wikiloc. Consultado o 26/08/2017. 
  9. "Carballo da Casa Grande de Loureiro". arboresdegalicia.blogspot.com.es. Consultado o 18/10/17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]