Oleiros, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleiros
Igrexa de San Miguel de Oleiros.
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°28′30″N 7°44′14″O / 42.47496106, -7.73716801Coordenadas: 42°28′30″N 7°44′14″O / 42.47496106, -7.73716801
Poboación104 hab. (2020)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. No 2018, segundo o INE, tiña 114 habitantes, 56 mulleres e 58 homes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes. En 2020 eran 104, 52 mulleres e 52 homes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo fai referencia a que debeu haber "oleiros", "fabricantes de olas", latín ollas [2]. O Padre Sarmiento apuntaba a enterramentos antigos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Miguel de Oleiros pertence á segunda metade do século XII, é de estilo románico. No 1205, Afonso IX, fai doazón desta igrexa cos seus cotos.

A Capela da Granxa de Oleiros é do século XIX. O bispo de Lugo D. Murúa o 4 de abril de 1902 funda a Capelanía do Sagrado Corazón na Granxa.[3].

O Padre Nicanor Rielo Carballo estudou a fondo esta parroquia[4] que era maioritariamente ribeira, nome que se lle dá ás viñas de muras ou socalcos na Ribeira Sacra.

Oleiros na cultura popular[editar | editar a fonte]

Oleiros tenche a sona,

de bon viño e augardente,

de rapazas bonitiñas,

e de homes moi valentes[5]
Se che peguntan de quen es,

responde con arrogancia:

son de San Miguel de Oleiros,

a terriña da vagancia[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 14/10/2017. 
  4. Rielo Carballo, Nicanor (1970). Cuadernos de Estudios Gallegos, XXV. pp. 210–233. 
  5. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 68. ISBN 84-7041-041-5. 
  6. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 71. ISBN 84-7041-041-5. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Oleiros[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Carballedo (Lugo)

Ambasmestas | Bacelares | Carcacía | Cas de Moure | A Costa | O Fontao | As Gándaras | A Granxa | Lama | A Laxiña | Oleiros | A Pena | Porrás de Abaixo | Porrás de Arriba | A Ribeiriña | San Miguel | Sergudiño | Soutelo | A Touza | A Uz | Xibiriz

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]