Furco, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°34′21.3″N 7°54′05.4″O / 42.572583, -7.901500

Furco
FurcoVistas.jpg
Furco. Vistas
Concello Carballedo
Poboación 99 hab. (2016)
Entidades de poboación 8

San Gregorio de Furco é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (78 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 52 homes e 52 mulleres. En 2016 tiña 99 habitantes con 51 mulleres e 48 homes, segundo o INE.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo pode aludir a unha bifuración de camiños, a un buraco na terra ou a algo en forma de Y[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa, situada no lugar de Furco, data do século XVIII. A Reitoral –priorado de San Gregorio de Furco é do século XVIII con muros de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principa porque foi priorado de Oseira.[2]

Furco na cultura popular[editar | editar a fonte]

Agros coma os de Furco e nabeiras coma as de Vales non as teñen nin os frades![3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 20/09/2017. 
  2. "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 21/09/2017. 
  3. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 215. ISBN 84-7041-041-5. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Furco[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Furco no concello de Carballedo (Lugo)

Abelairas | Furco | A Matanza | Penaboa | Penas Albas | O Porto | O Rañadoiro | Val do Arado

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]