A Cova, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°29′20.92″N 7°42′53.49″O / 42.4891444, -7.7148583

A Cova
Igrexa de San Xoán da Cova, Carballedo.jpg
Igrexa de San Xoán da Cova
Concello Carballedo
Poboación 35 hab. (2016)
Entidades de poboación 14

San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE.

Ningún dos lugares da parroquia leva o nome de A Cova.

As entidades de poboación (NomenclátorCima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo é igual no latín vulgar cova fronte ao clásico cavus,a,um: oco, cóncavo[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o seu actual emprazamento.

Ten planta rectangular de nave única con ábsida semicircular, cubríndose respectivamente con madeira e bóvedas de canón e forno. A porta principal está formada por un arco apuntado de tres arquivoltas, sobre tres pares de columnas, no tímpano pódese ler en latín: "Na honra de N.S.X.C. dá B sempre V. María o soldado Pedro García mandou facer de seu esta igrexa".

A porta lateral norte pertence a unha capela que non se trasladou e presenta dobre arquivolta apuntada que se apoia sobre columnas acobadadas. Neste muro está o sepulcro da Abadesa. No interior destaca o arco triunfal moldurado en bocel de media cana con botóns na rosca.

A igrexa trasladada está no lugar deshabitado de Piñarrostro.

Moi cerca fíxose a nova igrexa da Cova.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Igrexa nova da Cova". google.maps. Consultado o 13/10/2017. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Cova[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Cova no concello de Carballedo (Lugo)

Arxemil | A Carballeira | O Catasol | Cima de Vila | Fondo de Vila | O Mallo | Outeiro | Papelle | Piñarrostro | A Ribeiriña | San Cristovo | A Vila | Vilanfesta | Vilar

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]