San Mamede de Lousada, Carballedo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lousada.
San Mamede de Lousada | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Lousada | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′12″N 7°48′03″O / 42.51995265, -7.8007482 |
Poboación | 77 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (47 mulleres e 43 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes. En 2016 tiña 67 habitantes, 33 mulleres e 34 homes, segundo o INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo fai referencia a un santo, haxiotopónimo, en latín Manmetis. Lousada vén do latín lausata: casas con teitos de lousado.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, situada no lugar de San Mamede, data do último cuarto de século XVIII. Figura como mestre de obras Alonso de Fraguas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomes de lugar no concello de Carballedo". Os Parentes. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2017. Consultado o 22/09/2017.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 24/09/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Mamede de Lousada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Mamede de Lousada no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Faíl | Galegos | Lulás | San Mamede | Veiga | Vilagarcía |