Veascós, Carballedo
Veascós | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Veascós | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′18″N 7°45′15″O / 42.52158333, -7.75408333 |
Poboación | 104 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Veascós é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 138 habitantes (78 homes e 60 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 99 habitantes, sendo 55 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 97 habitantes, 43 mulleres e 54 homes, segundo o INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo ten que ver coas terras de Velasco, Velasconis[2]. Fóra desta parroquia e lugar o nome non se repite en ningún outro lugar de Galicia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial data de finais do século XIX, é de estilo funcionalista[3].
Na parroquia de Veascós hai moi bo granito, que era moi prezado para as pedras de afiar[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 16/10/2017.
- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 16/10/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Veascós
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Veascós no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Acilleiros | Alvarín | Busteliño | Cambillán | Carballidiño | A Ermida | O Folgar | Lamela | Outeiro | A Placería | A Raña | Riazón | San Breixo | San Cibrao | Saramagal | Veascós | Ximonde |