Santa Mariña do Castro, Carballedo
| Santa Mariña do Castro | |
|---|---|
Igrexa parroquial. | |
| Concello | Carballedo[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°33′27″N 7°51′53″O / 42.55761659, -7.86460081 |
| Poboación | 80 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Mariña do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 107 habitantes (54 mulleres e 53 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres. No de 2016 tiña 77 habitantes, 42 mulleres e 35 homes, segundo o INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo fai referencia a unha santa, en latín Sancta Marina. Castro, do latín castrum: fortaleza[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa, situada no lugar de Santa Mariña, data do século XVIII[3]
O castro que dá nome á parroquia está alterado pola labra con maquinaria agrícola. Presenta unha chaira interior dedicada á pasteiro e zona de cultivo agrícola totalmente amurada ó redor. Na parte N pódese apreciar un muro cunha profundidade duns 2 m no que se ven claramente os contrafortes.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 19/09/2017.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 21/09/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 22/09/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Mariña do Castro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santa Mariña do Castro no concello de Carballedo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Cotarelo | Freán | A Lama de Fente | O Pereiro | Rubiás | Santa Mariña |