Santa Baia de Búbal, Carballedo
Santa Baia de Búbal | |
---|---|
Igrexa de Santa Baia de Búbal | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°30′09″N 7°48′49″O / 42.50255556, -7.81372222 |
Poboación | 101 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 148 habitantes (76 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 118 habitantes, sendo 58 homes e 60 mulleres. En 2016 tiña 104 habitantes, 50 mulleres e 54 homes, segundo o INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo (haxiotopónimo) fai referencia ao nome da santa, o mesmo que Santa Eulalia (do grego, a ben falada). Búbal é o nome do río, afluente do Miño, de orixe incerta. Pode derivar do apelativo grecolatino bubalus (búfalo) ou do antropónimo Bubalus, de orixe teriomórfica[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa Baia data dos séculos XII e XVIII, conserva estilo románico[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomes de lugar no concello de Carballedo". Os Parentes. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2017. Consultado o 24/09/2017.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 25/09/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Baia de Búbal
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santa Baia de Búbal no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Gustei | Lixibán | A Lobagueira | Mazaira | Mundín | O Piñeiro | Porteiro | Santa Baia | Vilar do Monte |