Cartelos, Carballedo
Cartelos | |
---|---|
Cruceiro no adro da igrexa de Santo Estevo. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′54″N 7°51′02″O / 42.564886, -7.850564 |
Poboación | 54 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2020, segundo o INE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo pode aludir a descendentes do nome persoal no latín vulgar Quartellus/Quartillus, diminutivo de Quartus. O Padre Sarmiento coidaba que Cartel /Cartelos eran síncope de Caritelos ou caracteres. [2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, o Carballo de Cartelos[3]. É da especie Quercus Ruber L., mide 36 metros de alto e o seu toro ten un diámetro de 3,6 metros na base.O toro ten un volume de madeira de aproximadamente 103 metros cúbicos e pesa 113 toneladas. A proxección sobre o chan ocupa 614 metros cadrados (máis dun ferrado).[4] Nesta carballeira rodouse en 1995 a película hispanoarxentina La ley de la frontera. Está moi próximo ao Pazo de Cartelos[5].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cartelos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Cartelos | A Casa do Barrio | A Laxa | Trasar de Carballo | Vilaguillulfe |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Carballo de Cartelos". Consultado o 04/05/2017.
- ↑ "El árbol máis antiguo de Galicia pierde una de las ramas principales". La Voz de Galicia. Consultado o 15/08/2018.
- ↑ "Pazo de Cartelos". rsacra.es. Arquivado dende o orixinal o 20/08/2017. Consultado o 04/05/2017.