San Salvador de Búbal, Carballedo
Aparencia
| San Salvador de Búbal | |
|---|---|
Cruceiro de San Salvador | |
| Concello | Carballedo[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°29′45″N 7°46′07″O / 42.49575, -7.76861111 |
| Poboación | 23 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Salvador de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 199 cando tiña 37 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 25 habitantes. En 2016 seguían sendo 25, 12 homes e 13 mulleres, segundo INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo (haxiotopónimo) ten a base no latín Sanctus Salvator. Búbal é o nome do río, afluente do Miño, de orixe incerta. Pode derivar do apelativo grecolatino bubalus (búfalo) ou do antropónimo Bubalus, de orixe teriomórfica.[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial data dos primeiros anos do século XVIII.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 15/10/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Salvador de Búbal
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Salvador de Búbal no concello de Carballedo (Lugo) | |
|---|---|