Beltane
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, a Bretaña e Cornualla había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.
Historia
[editar | editar a fonte]Para os celtas, Beltane marcaba o comezo da tempada de verán pastoral cando as mandas de gando levábanse deica os pastos de verán e ás terras de pasto das montañas. En irlandés moderno Mi na Bealtaine (Mes de Bealtaine) é o nome do mes de maio. Decote abréviase o nome do mes como Bealtaine, coñecendo ó día festivo como Lá Bealtaine.
Unha das principais actividades da festividade consistía en prender fogueiras nas montañas e ladeiras con ritual e significado político en Oidhche Bhealtaine (a véspera de Bealtaine). En gaélico escocés moderno, utilízase só Lá Buidhe Bealtaine (O día amarelo de Bealltain) para describir o primeiro día de maio.
Na antiga Irlanda a fogueira de Bealtaine principal prendíase na ladeira central de Uisneach, ‘O embigo de Irlanda’, o centro dos rituais do país, o cal encóntrase agora situado no que é Westmeath. En Irlanda o prendemento de fogueiras en Oidhche Bhealtaine semella ter sobrevivido unicamente até o presente día no Condado de Limerick, especial e mesmamente en Limerick coa súa noite de fogueira anual, aínda que algúns grupos culturais expresaron interese en revivir o hábito en Uisneach e quizais no Outeiro de Tara. En tempos modernos tamén se pode observar a iluminación de lumes comunitarios de Beltane que se acenden individualmente en fogares nalgunhas partes da diáspora celta e por algúns grupos neopaganos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beltane |