Lista de palabras galegas de orixe celta
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Celta (homónimos).
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.
Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.[1]
Lista
[editar | editar a fonte]- abanqueiro[2][3] [m] 'cadoiro, fervenza', formalmente un derivado en -arium de *abanco, do protocelta *abankos.[4][5] Relacionado co irlandés abacc, do galés afanc e do bretón avank.
- abeneiro [6] [m] 'amieiro', un derivado en -arium de *aben-no- 'río (árbore)', unha formación similar no protocelta *abal-no- 'mazá-árbore' e *wer-no- 'auga(árbore)' (ameneiro), relacionado co bretón auon, o galés afon e o irlandés antigo ab 'río'.
- agruño / abruño [m] 'froito do abruñeiro', do protocelta *agrīnio,[4][5][7], influenciado polo latín PRUNUM 'ameixa', semellante ó irlandés áirne, ó galés eirin 'ameixa'; relacionado co occitano agranhon, do provenzal agreno, do catalán aranyó e o aragonés arañon.
Abruño e abruñeiro poden vir tamén directamente do latín prunus (cfr. o abrunal asturiano).
- albó, alboio [m] 'alpendre, pendello, sobeira', do protocelta *ɸare-bow-yo-[8], relacionado co irlandés antigo airbe 'cuberto, pechado'.
- anaco [m] 'parte que resulta da división doutra maior',[9] do celta *ann-. Da palabra galega podería provir a castelá añicos.[10]
- O galego antigo ambas [f p] 'augas, ríos', ambas mestas [f] 'confluencia',[11][12] do celta ambe[13] 'auga, río', semellante ó galo ambe 'río', e ó irlandés antigo aub.
- banastra [f] 'cesta grande', do francés antigo banaste, do celta *benna 'cesta'.[14]
- banzo[2] [m] 'chanzo, viga', do protocelta *wank-yo-[4], relacionado co castelán banzo (segundo Coromines de *wankjos)[15]; semellante ó irlandés féige 'trabe horizontal'.
- Derivados: banza 'respaldo', banzado, banzao 'valado'.
- barra [f] 'faiado, plataforma superior', do protocelta *barro-,[4][5] relacionado co irlandés, galés e bretón barr 'cima, pico, cume'.
- becerro [m] ‘cría da vaca’, incerto: do protocelta *bicurru-, do ibero *ibicurri- ou do latín *Ibex- ‘cabra libre’.
- berro [m] 'agrón', do protocelta *beru-ro-,[4][5][16][17] relacionado co castelán berro; semellante ó irlandés antigo biror, ó galés berwr, ó bretón antigo beror, ó francés berle (< bĕrŭla en latín procedente do galo[18]; en irlandés biolar, en bretón beler).
- beizo [m] ‘as dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca’, do protocelta *beiccion- ‘boca de animal’, que á súa vez provén de *baicciō ‘berrar’, relacionado co antigo irlandés béccim, irlandés béic ‘berro’, escocés beuc, galés beichio ‘bruar’, córnico begi ‘ornear’, bretón begiad ‘bear’, castelán bezo ‘beizo grande’.
- bico [m] 'beixo', do protocelta *bekko-,[5][19][20] relacionado co bretón beg, do italino becco e do francés bec.
- Derivados: bicar, bicaño 'outeiro', bicallo (un peixe, Gadus luscus).
- bidueiro[2] [m] < *betūlariu, biduo [m] < *betūlu, bidulo [m] < *betūllu,[21] do celta *betu- ou *betū-[4][5], relacionado co castelán biezo, co catalán beç, co occitano bèç (< bettiu); semellante ó irlandés beith, ó galés bedw e ó bretón bezv.
- Derivados: Bidueiral, Bidual 'terreo de bidueiros'.
- billa,[2] [f] 'espiga; vara' do protocelta *beljo- 'árbore, tronco'[22], semellante ó irlandés antigo bille 'grande árbore, tronco de árbore', ó manés billey 'árbore', ó gales pill 'tocón', ó bretón pil; relacionado co francés bille 'leña, peza de madeira'.
- bode [m] ‘macho da cabra’, do protocelta *bukko-, relacionado co francés bouc, préstamo do holandés bok.
- borba[2] [f] 'lama, limo', do protocelta *borwâ-,[23] relacionado co francés bourbe 'lama'; semellante ó irlandés bearbh 'ebulición', ó galés berw 'ebulición' e ó bretón berv 'caldo, burbullo'.
- Derivados: borbento 'mucilaxinoso'.
- borne [m] 'bordo, beira', do francés borne 'marco', do francés antigo bosne, bodne, do latín vulgar *bodĭna / *budĭna 'árbore de fronteira', do protocelta *botina 'tropa',[24] semellante ó irlandés antigo buiden e ó galés byddin 'exército' (*budīnā).
- bosta [f], 'excrementos sólidos do gando vacún'.
- braga[2] [f],do protocelta *braco-,[25] relacionado co castelán e occitano braga,co francés braie e co italiano brache.
- Derivados: bragal, bragada 'masa de ovos de peixes', bragueiro.
- braña [f] 'pantano, prado, encalco', do protocelta *bragno-,[5][26] relacionado co asturiano e cántabro braña, co catalán braina, semellante ó irlandés brén, ó galés braen, e ó bretón brein 'podre', bréanar, braenar e breinar 'campo de barbeito'.
- Derivados: brañal, brañeira, brañento 'idem'.
- breixo[27] [m], de *broccius,[28] do protocelta *vroiki-,[22], semellante ó irlandés antigo froich, ó galés gwrug, ó córnico grig; relacionado co castelán brezo, co occitano bruga e co francés bruyère.
- O galego antigo bren [m] 'farelo', probablemente do provenzal brem, do protocelta *brenno-,[29] relacionado co francés bran e o lombardo bren.
- breña [f] 'conxunto espeso de matas ou maleza' do celta *brigna- 'outeiro'.
- bringa[30] [f] 'talo, cana', de *brīnikā, do celta *brīnos 'cana'; semellante ó galés brwyn 'xunco', ó córnico broenn e ó bretón broen; relacionado co frnacés brin 'talo'.
- brío[2] [m] 'forza, poder', do italiano brio, do occitano briu 'salvaxe', do protocelta *brigos,[5] relacionado co occitano briu, co francés antigo brif 'delixadeza, estilo'; semellante ó irlandés antigo bríg 'poder', ó galés bri 'prestixio, autoridade' e ó bretón bri 'respecto'.
- O galego antigo busto [m] 'gandaría, leitería', do composto celta *bow-sto-[31] significa 'lugar con vacas', semellante ó celtibérico boustom 'corte', ó irlandés buas 'riqueza en gando'; relacionado co portugués bostar e co castelán bustar
- Derivatives: bustar 'pastures'.
- cai [m] 'peirao, embarcadoiro', probablemente do francés (e á súa vez do normando) quai, do protocelta *kag-yo-,[5][32][33] semellante ó galés cae, ó córnico ke, ó bretón kae 'cobertura' e ó francés chai 'adega'.
- callao [m] 'pedra pequena, lisa e redonda pola erosión' do protocelta *ca-la-, relacionado co francés caillou.
- cambiar, do latín vulgar cambiare, do protocelta *kambo-,[4][5][34] relacionado co francés changer, co occitano e castelán cambiar, co catalán canviar, co italiano cambiare; semellante ó bretón kemm 'intercambio', ó irlandés antigo cimb 'rescate'.
- Derivados: cambio, cambiador.
- camba[2] [f] 'arco da roda' do protocelta *kambo-,[4][5][35] relacionado co irlandés antigo camm 'torto', co occitano cambeta 'parte do arado'.
- Derivados: cambito, cambada, camballa, cambeira 'madeiro torto para colgar peixes', cambela 'tipo de arado', cambota 'peza inferior da cheminea'.
- camiño[2] [m] 'vieiro', do latín vulgar *cammīnus, do protocelta *kanxsman-,[5][36] relacionado co italiano cammino, co francés chemin, co castelán camino, co catalán camí, co occitano camin ; semellante ó irlandés antigo céimm e ó bretón cam 'paso'.
- Derivados: camiñar.
- camisa[2] [f] do protocelta camisia.[37] relacionado co castelán e occitano camisa, co italiano camicia e co francés chainse
- canga[2] [f] 'colar, xugo', do protocelta *kambika.[38]
- canto [m] 'bordo, esquina', do protocelta *kanto-,[4] semellante ó irlandés antigo cét 'soporte de pedra redonda', ó galés cant 'marco', ó bretón kant 'disco'; relacionado co francés antigo chant, co francés canton 'distrito', co occitano cant e co castelán canto.
- Derivados: recanto, cantón, acantoar, cantil.
- carro [m], do latín vulgar carrum, do protocelta *karro-,[4][5][39] relacionado co romanés car, co italiano carro, co francés char, co provenzal car, co castelán carro; semellante ó irlandés carr, ó galés car e ó bretón karr.
- Derivados: carreira, carregar.
- caxigo [m] 'carballo', de *CASSĪCOS, relacionado co castelán quejigo, semellante ó francés chêne (que provén de *CASSANOS), do protocelta *casso- 'rizado, trenzado'.[40]
- carballo [m] 'árbore da familia das fagáceas' de *cassīcos, do celta *cassos, relacionado co irlandés cas, galés antigo cascord, francés chêne, asturiano caxigu, aragonés caixico, gascón casse.
- cervexa[2] [f], do latín vulgar *cerevisia, de orixe celta.[41] Relacionado co francés antigo cervoise, co provenzal e castelán cerveza; semellante ó irlandés antigo coirm, ó galés cwrw e o bretón korev.
- cheda[2] [f] 'lateral externo dun carro, onde as barras transversais están fixadas', do latín medieval cleta, do protocelta *klētā,[4][5][42] relacionado co irlandés clíath 'obstáculo', co galés clwyd 'barreira, vimbio, estada, porta', co galés kloued; relacionado co francés claie 'andel', co occitano cleda, co catalán cleda 'cerco do gando' e co éuscaro gereta.
- choco [m] 'lura', do protocelta *klokko-,[4][5][43] semellante ó irlandés antigo clocc, ó galés cloch, ó bretón kloc'h; relacionado co asturiano llueca e llócara, co francés cloche 'campá', alemán Glock.
- Derivados: chocar, chocallo.
- chota [m] anaco de esterco arrincado do chan, forma que adoita ao ser arrincado o esterco.
- chousa [f] terreo, parte de monte baixo delimitado e pechado[44]. Do latín clausa '(terra) pechada'.
- colmea[2] [m], da forma celta *kolmēnā 'feito de palla'[45] relacionado co castelán colmena, de *kolmos 'palla', que vemos no leones cuelmo; relacionado co galés calaf "cana, talo", co córnico kalav "palla" e co bretón kolo "talo".
- cómaro, comareiro [m] 'DRALG: pequena elevación de terreo de pouca extensión' posiblemente e por vía semiculta do latín 'cumulus'[46] ou do protocelta *kom-ɸare-(yo)-,[5] relacionado co irlandés antigo comair 'diante de', cp galés cyfair 'dirección, lugar, acre'. Ou tamén de *kom-boros 'reunir'.[47]
- Derivados: acomarar 'marcar os límites dunha terra'.
- comba [f] 'val, inflexión', do protocelta *kumbā,[4][5][48] relacionado co italiano comba, co francés combe, co occitano comba; semellante ó irlandés com, coim 'cavidade torácica', co galés cwm 'conca (forma de terra)', co córnico komm 'val pequeno, val arbolado', co bretón komm 'val pequeno'.
- combarro [m], combarrizo [m] 'corte, alpendre',[49] do protocelta *kom-ber-o- 'xuntar'.[5] Relacionado co francés medieval combres 'valado no río para a pesca'.
- combo [m] (adj.) 'dobrado, curvado', do protocelta *kumbo-,[4][5][50] relacionado co provenzal comb e o castelán combo.
- Derivados: combar.
- comboa [f] 'curral utilizado para a captura de peixes atrapados na marea baixa', do medieval combona, do protocelta *combā 'val' ou *combos 'dobrado'.[50]
- crica [f] 'vulva; fociño; cinta', do protocelta *krīkʷā,[5] relacionado co irlandés medieval crích 'límite, suco', co galés crib 'crista' e co bretón krib 'dobrado'.
- croa [f] parte central e máis elevada dun castro. Lugar cuberto de pedras e elevado.
- croio[2] [m] 'pedra redonda', croia [f] 'pedriña', do protocelta *krowdi-,[4][5][51] semellante ó irlandés antigo crúaid 'dura', ó galés cru e ó bretón kriz; relacionado co occitano croi 'cruel' e co italiano crojo.
- Derivados: croio (adx.) 'feo, basto'; croído, croieira 'praia, pedreira'.
- crouca [f] 'cabeza', do protocelta *krowkā-,[4][5][52] relacionado co provenzal crauc 'chea, montón', co occitano cruca 'cabo (xeografía)'; semellante ó irlandés cruach 'pila, palleiro', co galés crug 'montículo, túmulo, montón' e co bretón krug 'montículo, túmulo'.
- Derivados: crocar 'abolar, cocar', croque 'golpe'.
- curro [m] 'curral, cerco', do protocelta *kurro-,[5] semellante ó irlandés medieval cor 'círculo', corrán 'fouce', ó irlandés carr 'saínte', ó galés cwrr 'canto, bordo, bordo final'; relacionado co castelán corro, corral.
- Derivados: curruncho, currucho, currullo 'recanto', currusco 'parte saínte do pan', curral.
- dolmen [m] do galo ou bretón *taol maen-.
- dorna [f] 'un tipo de barco; medición (volume)',[53] do protocelta *durno- 'puño'.[54] Semellante ó francés medio dour, o francés dialectal dorne 'lonxitude tradicional que equivale ao puño dunha man', occitano dorn, 'unha presa', irlandés dorn, galés dwm e bretón dourn 'man'.[55][56] Con todo, a forma asturiana duerna 'recipiente' esixe unha forma **dorno-.
- embaixada [f], do provenzal ambaissada, de ambaissa 'servizo, deber', do protocelta *ambactos 'servinte'[57], semellante ó galés amaeth 'granxa', ó córnico ammeth 'agricultura' e ó bretón antigo ambaith.
- engo, irgo [m], de *édgo, do latín vulgar EDUCUS, do galo odocos,[58] idem.[59] Relacionado co castelán yezgo, co asturiano yeldu e co provenzal olègue.
- gabela [f] 'feixe, taxa', do protocelta *gabaglā-,[60][61][62] relacionado co francés javelle, co provenzal gavela e co castelán gavilla; semellante ó irlandés antigo gavael 'coller, captar'.
- galga [f] 'pedra lisa', de *gallikā, do protocelta *gallos 'pedra',[4] semellante ó irlandés gall, ó francés galet 'gravel' gallete 'pastel simple' e ó español galga.
- Derivados: galgar 'tallar unha pedra para que sexa simple e regular'.
- gorar[2] 'chocar, criar (un ovo, ou unha enfermidade)', do protocelta *gʷor-,[63][64] semellante ó irlandés antigo guirid 'quentar', ó galés e córnico gori 'criar, chocar (ovos)' e ó bretón goriñ.
- Derivados: goro 'ovo incubado sen fertilizar'.
- gubia [f], do celta *gulbia, de *gulb- 'beak',[65][66] relacionado co portugúes goiva, co castelán gubia, co francés gouge, co italiano gubba; semellante ó irlandés antigo gulba 'auillón', ó irlandés gealbhán 'pardal' e ó galés gylyf 'fouce', gylf 'pico'.
- lándoa [f] 'parcela sen cultivar', de *landula, derivado do protocelta *landā,[4][5][67] relacionado co irlandés antigo lann 'terra, igrexa', co galés lann 'terras da igrexa', co francés lande 'páramo areoso' e co provenzal e catalñan landa.
- lavego [m], lavega [f] 'arado', from *ɸlāw-aiko-,[68] do protocelta *ɸlāwo-, relacionado co lombardo plovum, co alemán Pflug e co inglés plough.
- laxe[2][69] [f] 'pena lisa', da forma medieval lagena, do protocelta *ɸlāgenā,[70] relacionado co irlandés antigo lágan, láigean, co galés llain 'punta de lanza ancha'; semellante o irlandés láighe 'aixada, pa'.
- legua[71] [f], do protocelta *leukā, relacionado co francés lieue, co castelán legua; semellante ó irlandés antigo líe (xenitivo líac) 'pedra', irlanda liag
- leira [f] 'parcela, parte delimitada de terreo', da forma medieval laria, do protocelta *ɸlār-yo-,[5][72] semellante ó irlandés antigo làr 'terreo', ó bretón leur 'terreo' e ó gales llawr 'chan'.
- Derivados: leiro, leirar e leiroto, leiruca.
- O galego antigo ler [m] 'mar, costa', do protocelta *liros,[4][5] relacionado co irlandés antigo ler, co irlandés lear e co galés llyr 'mar'.
- lousa[2] [f], do protocelta *laws-,[73] relacionado co provenzal lausa, co castelán losa e co francés losenge 'diamante'.
- Derivados: enlousar e lousado.
- marulo [m] 'neno gordo, grande', de *mārullu,[74] diminutivo do protocelta *māros 'grande, enorme', semellante ó galés mawr e ó bretón meur.
- meniño [m] 'neno, bebé', do medieval mennino, o protocelta *menno-,[5] semellante ó irlandés antigo menn 'neno', ó irlandés meannán, ó galés myn e ó bretón menn.
- Derivados: meniñez.
- miñoca [f], (dialectal mioca, miroca), do medieval *milocca, do protocelta *mîlo-,[4][5] semellante ó asturiano milu, merucu e ó irlandés, galés e bretón mil 'animal'.
- olga [f], do protocelta *ɸolkā,[75][76][77] relacionado co francés ouche e co provenzal olca. Porén *ɸolkā debe dar lugar a **ouca.
- peza [f], do latín vulgar *pettia, do galo petsi, do protocelta *kʷezdi,[5][78][79] relacionado co italiano pezza, co francés pièce, co castelán pieza; semellante ó irlandés antigo cuit, ó irlandés cuid, ó galés peth 'cousa' e ó bretón pez.
- Derivados: empezar.
- rego [m], rega [f], do protocelta *ɸrikā,[80][81][82], semellante ó galés rhych, ó bretón reg e ó gaélico escocés riach; relacionado co francés raie, co occitano e catalán rega, e co éuscaro erreka.
- Derivados: derregar, regato.
- rodaballo[2] [m], da forma composta celta *roto-ball-jo-,[83] que significa 'extremos redondos', semellante ó irlandés roth 'roda', ó galés rhod, ó bretón rod e ó irlandés ball 'membro, órgano'.
- saio [84] [m] e saia [f], da forma medieval sagia, dunha forma celta antiga e tamén do latín sagum 'túnica'.[85]
- seara, senra [f] 'campo sementado recentemente, pero que se deixa en barbeito', da forma medieval senara, compendio celta de *seni- 'aparte, separado' (do irlandés antigo sain 'só', do galés han 'outro') e *aro- 'terra arada'[86] (do galés âr e do irlandés ár 'terra arada'). Corresponden co leonés senara e co castelán serna.[56]
- tasca [f] e tascón [m], 'espadela', relacionado co gálata taskós 'paridade'.[87]
- tol e tola[88] [m / f] 'canle de irrigación', do protocelta *tullo- 'furado, perforado',[22], semellante ó irlandés toll 'cova, oco', ó galés twll 'cova', ó bretón toull 'fenda'; relacionado co castelán tollo, co catalán toll e o francés antigo tolon 'outeiro, terra alta'.
- tona [f] 'capa graxa do leite', do protocelta *tondā,[5][89][90] relacionado co irlandés antigo tonn e co galés tonn.
- Derivados: toneira 'pota para obter manteiga do leite'.
- toxo [m], do celta *togi-,[91] semellante ó castelán e gascón toja e ó francés tuie.
- Derivados: fura-toxos, toxa, toxedo, toxa, toxeira.
- trosma[92] [m] 'pouco axeitado, parvo', do protocelta *trudsmo- ou *truksmo- 'forte'[93], semellante ó irlandés antigo tromm e ó galés trwm.
- trado, trade [m], do protocelta *taratro-,[4][5][94] relacionado co irlandés tarathar, co galés taradr, co bretón tarar, co occitano taraire, co catalán taradre, co castelán taladro, co francés tarière e do romanche tarader.
- Derivados: tradar.
- tranca [f], tranco [m], do protocelta *tarankā,[95][96] relacionado co castelán tranca, co francés taranche, co provenzal tarenco; semellante ó irlandés antigo tairinge, ó irlandés tairne e ó gaélico escocés tairnge.
- Derivados: taranzón < *tarankyon-, tarangallo, trancar.
- trebo, trobo [m], da forma medieval trebano, do protocelta *trebno-,[5] semellante ó irlandés antigo treb 'granxa', ó córnico tre 'casa; vila', ó galés tref 'vila'; semellante ó asturiano truébanu, e ó provenzal trevar.
- trencha, trincha [f], 'ferramenta para desbastar a madeira', do celta *trenco[97][98] 'curto'.
- trincar 'cortar cos dentes' incerto: do galo *trincare- 'cortar', tamén é posíbel que veña do latín *trinicāre- 'cortar en anacos', relacionado co catalán e antigo provenzal trencar, francés trancher.
- trogo [m] 'tristura, ansiedade, mágoa', do protocelta *trougos,[4][5] semellante ó irlandés antigo tróg, ó irlandés trogha, ó galés tru 'miserento', ó bretón tru 'miserento'; relacionado co portugués truhão, co castelán truhan e co francés truand 'esmoleiro'.
- trollo [m], 'lameiro, brañal', do celta tullon 'oco'.[99]
- varga[100] [f] 'cabana; parede feita de cañizos; valado', do celta *wraga,[101][102] relacionado co castelán varga 'cabana' e do francés barge, semellante ó irlandés fraigh 'parede trenzada, tellado'.
- Derivados: vargo 'estaca que se crava na terra para construír un valado'; varganzo, vargado 'valado ou cerrado feito de vargos'.
- vascullo [m] 'feixe de palla; vasoira', do protocelta *baski- 'feixe',[5] relacionado co gascón bascojo 'cesta', do asturiano bascayu 'vasoira' e do bretón bec'h 'embalaxe, carga'.
- vasalo [m], do latín vulgar vassalus, do protocelta *wasto-,[5][103] relacionado co francés vassal, co castelán vasallo, co irlandés medieval foss 'servinte', co galés gwas 'servinte; rapaz', Breton gwaz.
- verea [f] 'camiño ancho', da forma medieval vereda, do celta *uɸo-rēdo-,[104][105], relacionado co castelán vereda 'camiño'; semellante ó galés gorwydd 'corcel', co latín vulgar veredus 'cabalo', ó francés palefroi 'corcel' (< *para-veredus).
- xenreira [f] 'odio, zuna', do celta *senasra 'odio hereditario'.[106]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ cf. Koch, John T. (ed.) (2006). Celtic culture: a historical encyclopedia. ABC-CLIO. pp. 790. ISBN 1-85109-440-7.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega (2. ed. ed.). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. p. 30. ISBN 84-7824-333-X.
- ↑ Prósper (2002) p. 90.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 Ward A. (1996), s.v.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 5,22 5,23 5,24 5,25 5,26 5,27 5,28 5,29 5,30 5,31 5,32 5,33 5,34 Matasovic R. (2009), s.v.
- ↑ Bascuas, Edelmiro (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. pp. 257–262. ISBN 84-9750-026-1.
- ↑ cf. Meyer-Lübke 294.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. AREBOWION.
- ↑ "Anaco". Real Academia Galega. Consultado o 5 de xaneiro do 2016.
- ↑ "Añicos". Real Academia Española. Consultado o 5 de xaneiro do 2016.
- ↑ Bascuas, Edelmiro (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. p. 212. ISBN 84-9750-026-1.
- ↑ Moralejo (2007) p. 50.
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *abon-
- ↑ Remacle, Louis (1997). Etymologie et phonétique wallonnes : Questions diverses. Liège: Faculté de Philosophie et Lettres de l'Université de Liège. pp. 15–21. ISBN 978-2-87019-267-2.
- ↑ Coromines, Joan (2012). Breve diccionario etimológico de la lengua castellana. Gredos. ISBN 9788424923648.
- ↑ Meyer-Lübke 1054
- ↑ Donkin (1864), s.v. berro
- ↑ "Berle". Centre National de Ressources Textuelles et Lexicales. Consultado o 30 de setembro de 2016.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. BECLOS
- ↑ Meyer-Lübke 1013
- ↑ Meyer-Lübke s. v. *betulus, *betullus
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Matasovic (2009) s.v.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. BORWOS
- ↑ Meyer-Lübke 1235
- ↑ Meyer-Lübke 1252
- ↑ Ward A. (1996), s.v. MRAKNOS
- ↑ Báscuas (2006) p. 134.
- ↑ Cf. Coromines (1973) s.v. brezo.
- ↑ Meyer-Lübke 1284
- ↑ Coromines (1973) s.v. brizna.
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *bow-
- ↑ Ward A. (1996), s.v. KAGOS
- ↑ Meyer-Lübke 1480
- ↑ Meyer-Lübke 1540
- ↑ Meyer-Lübke 1542
- ↑ Meyer-Lübke 1552
- ↑ Meyer-Lübke 1550.
- ↑ Meyer-Lübke 1541.
- ↑ Meyer-Lübke 1721
- ↑ Coromines (1997) s.v. quejigo; Matasovic (2009) s.v. *casso-
- ↑ Meyer-Lübke 1830.
- ↑ Meyer-Lübke 1988
- ↑ Donkin (1864), s.v.
- ↑ [1]
- ↑ cf. Varela Sieiro, Xaime. Léxico Cotián na Alta Idade Media de Galicia: A arquitectura civil. Santiago, 2008. ISBN 978-84-9750-781-3. pp. 205-206.
- ↑ Hector IGLESIAS "TOPONYMES PORTUGAIS, GALICIENS, ASTURIENS ET PYRÉNÉENS : AFFINITÉS ET PROBLÈMES HISTORICO-LINGUISTIQUES"
- ↑ Prósper (2002) p. 242.
- ↑ Meyer-Lübke 2386
- ↑ Varela Sieiro, Xaime (2008). Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia : a arquitectura civil. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 207. ISBN 9788497507813.
- ↑ 50,0 50,1 Meyer-Lübke 2387
- ↑ Meyer-Lübke 2338
- ↑ Meyer-Lübke 2340
- ↑ Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na Alta Idade Media de Galicia : o enxoval. A Coruña: Do Castro. pp. 293–294. ISBN 84-8485-120-6.
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *durno-
- ↑ Meyer-Lübke 2754
- ↑ 56,0 56,1 "Toponimia maior da parroquia de Taragoña (Rianxo, O Barbanza). Estudo etimolóxico". USC revistas. Consultado o 18 de xuño do 2016.
- ↑ Meyer-Lübke 448.
- ↑ Marcellinus De Medicamentis, 7.13
- ↑ Cf. Coromines (1997) s.v. yezgo
- ↑ Ward A. (1996), s.v. GABIT
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *gab-yo-
- ↑ Meyer-Lübke 3627
- ↑ Ward A. (1996), s.v. GORIT
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *gwer-o-
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *gulb-
- ↑ Meyer-Lübke 3911
- ↑ Meyer-Lübke 4884
- ↑ Búa, Carlos (2007). Dieter Kremer, ed. Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana : actas do primeiro Coloquio de Trier 19 e 20 de maio de 2006. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 34. ISBN 978-84-9750-794-3.
- ↑ Búa, Carlos (2007). Dieter Kremer, ed. Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana : actas do primeiro Coloquio de Trier 19 e 20 de maio de 2006. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 34. ISBN 978-84-9750-794-3.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. LĀGENĀ
- ↑ Coromines (1973) s.v. legua.
- ↑ cf. Meyer-Lübke 4911.
- ↑ Cf. Matasovic (2009), s.v. Lîwank-.
- ↑ Moralejo Laso, Abelardo (1981). "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán): 36.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. OLCĀ
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *folkā
- ↑ Meyer-Lübke 6050
- ↑ Ward A. (1996), s.v. QEZDI
- ↑ Meyer-Lübke 6450
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. frikā-.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. RIKS.
- ↑ Meyer-Lübke 7299.
- ↑ Ward A. (1996), s.v. ROTIS
- ↑ Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na Alta Idade Media de Galicia : o enxoval. A Coruña: Do Castro. pp. 103–105. ISBN 84-8485-120-6.
- ↑ de Vaan, Michiel (2008). Etymological dictionary of Latin and the other Italic languages. Leiden: Brill. pp. 534. ISBN 9789004167971.
- ↑ Coromines (1997) s.v. serna; Matasovic s.v. *aro-
- ↑ Coromines (1997) s.v. tascar
- ↑ Bascuas (2006) p. 151
- ↑ Ward A. (1996), s.v. TONDOS
- ↑ Meyer-Lübke 8987
- ↑ Ward A. (1996), s.v. TOGIT.
- ↑ Martins Estêvez, Higinio (2008). As tribos calaicas: proto-história da Galiza à luz dos dados linguísticos. Sant Cugat del Vallès, Barcelona: Edições da Galiza. pp. 535–537. ISBN 978-84-936218-0-3.
- ↑ Cf. Matasovich R. (2009) s.v. *trummo-.
- ↑ Meyer-Lübke 8570
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *tarankyo-
- ↑ Meyer-Lübke 8585
- ↑ "Trencha". Portal das Palabras. Consultado o 17 de xuño do 2016.
- ↑ "Trencha". Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ "Trollo". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 31 de maio do 2016.
- ↑ "Varga". Real Academia Galega. Consultado o 5 de xaneiro do 2016.
- ↑ Coromines (1997) s.v. varga
- ↑ TLFi s.v. barge3
- ↑ Meyer-Lübke 9166
- ↑ Ward A. (1996), s.v. WORÊDOS
- ↑ Matasovic R. (2009), s.v. *ufo-rēdos
- ↑ "Xenreira". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 25 de maio do 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bascuas López, Edelmiro (2006). La Diosa Reve y los trasancos Estudios Mindonienses (22): 801-842.
- Bascuas López, Edelmiro (2008). La hidronimia de Galicia. Tres estratos: paleoeuropeo, celta y latino. Estudios Mindonienses (24): 521-550.
- Carballo Calero, Ricardo (1976). Gramática elemental del gallego común. Galaxia. ISBN 84-7154-037-1. Google Books (en castelán)
- Coromines, J. (1997). Breve diccionario etimológico de la lengua castellana. Gredos. ISBN 978-84-249-3555-9.
- Donkin, T. C. (1864). An etymological dictionary of the Romance languages; chiefly from the Germ. of F. Diez. Williams and Norgate. Online at the Internet Archive.
- Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-333-X.
- Matasovic, R. (2009). Etymological Dictionary of Proto-Celtic. Brill. ISBN 90-04-17336-6.
- Meyer-Lübke, W. (1911). Romanisches etymologisches Wörterbuch. Carl Winter's U. Online at the Internet Archive.
- Moralejo, Juán J. (2007) Callaica Nomina. A Coruña: Fundación Barrié. 2007. ISBN 978-84-95892-68-3.
- Prósper, Blanca María (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidade de Salamanca. ISBN 978-84-7800-818-6.
- Ward, A. (1996). A Checklist of Proto-Celtic lexical Items. Online at Scribd.