Ite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ite
Príncipe lendario de Galicia
Ite - IA Midjourney versión 3.png
Ite imaxinado por unha intelixencia artificial.

DescendenciaLughaidh
ProxenitoresBreogán

No Libro das conquistas de Irlanda, Ite (ou Ith)[1] é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

Historia[editar | editar a fonte]

Ite ollando o mar dende a torre de Brigantia.

Ith, parte con tres barcos e trinta homes cara as terras que vira, co consello de Breogán de que non debe descabalgar do seu cabalo mentres dure a viaxe. Fai escala nas illas Casitérides, onde algúns amigos únense á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama Eirín (Irlanda), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino de seu pai.

A expedición atópase cunha terrible guerra fratricida entre tres irmáns: Mac Cuill, Mac Grené e Mac Crech pola sucesión do trono do pai, Neith. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos ca el e non estaban dispostos a compartiren o trono.

Ith decide axudar a Mac Cuill, e vai con el ata a fortaleza de Aleich. Alí son atacados e vencen. Tras isto, convocan ós outros dous irmáns, que aceptan reunirse. Mac Cuill manda falar a Ith, quen é tomado con hostilidade polos outros irmáns. Ith, sen desmontar do cabalo, dálles ideas ós irmáns, pedíndolles que remate a guerra e que dividan o reino ou reinen xuntos. Emporiso, mentres Ith falaba, Mac Grené tentaba poñer de acordo a Mac Crech para botar ós "brigantes", pois pensaba que os estranxeiros só querían que os irmáns depuxeran as armas para eles quedar facilmente co país. Non obstante, Mac Crech prefería esperar a que se desenvolvesen os acontecementos.

Tras acabar a xuntanza, reuníronse os tres irmáns. Agora Mac Grené tentaba convencer tamén a Mac Cuill de botar fóra ós estranxeiros, expoñendo todo tipo de motivos. Ith, que sospeitaba que os tres irmáns estaban conspirando contra del, decidiu marchar aquela mesma noite.

Pero entón Mac Grené xa lograra convencer ós seus irmáns, e os tres decidiron ir a matar a Ith. A expedición brigante foi emboscada mentres marchaba cara á costa, sendo o branco dos irmáns o líder: Ith. Tal foi a sorpresa, que Ith foi derrubado do cabalo. Seu pai déralle o consello de non baixar do cabalo, mais aínda que non o fixera voluntariamente, agora xa non estaba montado. Fóra do cabalo, Ith foi asasinado. Ó facelo, os irmáns fóronse de alí, deixando atrás ós brigantes.

O fillo de Ith e os seus amigos decidiron vingalo, mais pensaron que era pertinente levar o seu corpo a Brigantia. Cumprindo co consello de Breogán, montárono no cabalo para levalo así toda a viaxe. Entón partiron co corpo de Ith de volta a Brigantia.

Alí, Breogán despediu con tristeza, coma todo o seu pobo, ó seu fillo Ith, tras darlle os tradicionais ritos funerarios. Breogán prometeu vinganza, e decidiu entón invadir Eirín, esta vez levando trinta e catro barcos, un por cada xefe brigante, levando cada un deles soldados e mesmo mulleres e nenos, para se establecer aló.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Brate
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogha
 
Cuailgne
 
Muirtheimhne
 
Ite
 
Bile
 
Cualu
 
Fuad
 
Bladh
 
Eibhle
 
Nár
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lughaidh
 
Míl Espáine
 
Scota
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Érimón
 
Eber Finn
 
Amergin Glúingel
 
Éber Donn
 
Fial nic Miled
 
Dill nic Mil
 
Ír mac
 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ite ollando o mar dende a torre de Brigantia. 
"A chegada dos fillos de Miled", ilustración de J. C. Leyendecker en Myths & Legends of the Celtic Race de T. W. Rolleston, 1911. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.