Duio, Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duio
Igrexa de San Vicenzo de Duio.
ConcelloFisterra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°55′55″N 9°16′47″O / 42.931944444444, -9.2797222222222Coordenadas: 42°55′55″N 9°16′47″O / 42.931944444444, -9.2797222222222
Poboación321 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicenzo de Duio[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 321 habitantes (155 homes e 166 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 438 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial comezouse a construír en 1669, ao pé dun castro. De estilo barroco, foi saqueada durante a invasión napoleónica e un incendio destruíu os arquivos parroquiais. Foi reconstruída no século XIX.

Ten planta de salón cun gran presbiterio rectangular e unha soa nave, dividida en catro tramos. A fachada remata cunha espadana construída en 1863. Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicenzo, o patrón da parroquia de Duio.

Por esta parroquia pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Duio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Duio no concello de Fisterra (A Coruña)

O Bispo | O Castro de Duio | Denle | Ermedesuxo de Abaixo | Ermedesuxo de Arriba | Pardiñas | A Piteira | San Salvador de Duio | Vilar de Duio

Parroquias de Fisterra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra

Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]