Calan Gaeaf
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
![]() |
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro.[1] A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf,[1] un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.
Costumes[editar | editar a fonte]
- Coelcerth: As familias acenden unha fogueira e deixan nela pedras cos seus nomes. A persoa cuxa pedra desapareza, morrera antes dun ano.
- Yr Hwch Ddu Gwta: A lenda conta que na vixilia de Tódolos Santos, un espírito chamado "Yr Hwch Ddu Gwta" tomaba a forma dunha porca negra que rodeaba os campos acompañada por unha muller sen testa.
- Eiddiorwg Dalen: Unhas cantas follas de hedra de terra (Glechoma hederacea) outorgan o poder de ver as bruxas.
- Teiliwr: No antigo condado de Morgannwg críase que os xastres tiñan vinculacións coa bruxaría, e que podían enmeigar a quen desexaren.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Davies, John; Jenkins, Nigel (2008). Universidade de Gales, ed. The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales. Cardiff. ISBN 978-0-7083-1953-6.