Gatipedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe do Gatipedro, ser da mitoloxía galega
Escultura do gatipedro na praza do Humor da Coruña.

O gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama.[1] Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza.[1] Vai ás casas polas noites, para nas habitacións nas que hai nenos durmindo, e entón ponse a verquer auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra. O gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa ós nenos da casa en paz.

Na literatura[editar | editar a fonte]

O gatipedro foi descrito por Álvaro Cunqueiro na súa obra Escola de menciñeiros publicada pola Editorial Galaxia en 1960.[1] Tamén é un dos temas do libro de relatos Os outros feirantes, escrito en 1971 por Cunqueiro,[2] onde o personaxe de Marcelino mexa na cama por mor das visitas nocturnas do animal. Finalmente, a situación resólvese grazas a un menciñeiro de Pontedeume que dá coa solución, sementando sal na entrada do cuarto do neno.

No ano 2018, publicouse o conto O gatipedro de Jacobo Paz, publicado por Baía Edicións e con ilustracións de Xosé Tomas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cunqueiro, Álvaro (1998). Escola de menciñeiros. Vigo: Editorial Galaxia. Consultado o 9 de maio de 2019. 
  2. Cunqueiro 1994, p. 23.
  3. Chamando á terra. Radio Galega, ed. (16 de xuño de 2018). "Cachiño de "O gatipedro" de Jacobo Paz Limia, con ilustracións de Xosé Tomás". Consultado o 9 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]