Bretaña (histórica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia histórica de Bretaña, amosando as principais áreas co seu nome en bretón. Estas están representadas polas 4 bandas brancas e 5 negras na bandeira rexional
A tradicional bandeira de Bretaña (a Gwenn-ha-Du), foi creada en 1923 por Morvan Marchal (nacionalista bretón) empregada hoxe como bandeira civil.

Bretaña (en bretón Breizh, en francés Bretagne, en gallo Bertaèyn) é unha península no noroeste de Francia. Como rexión histórica, antigamente foi un conxunto de reinos, que se unificaron no ducado da Bretaña e logo foi unha provincia, estendíase polos actuais departamentos de Finisterre, Costas de Armor, Morbihan, Ille e Vilaine e Loira Atlántico. Este último xa non pertence á rexión de Bretaña, senón á rexión do País do Loira.

Foi tamén chamada nun tempo "Bretaña Menor".

Bretaña ocupa unha grande península ao noroeste de Francia, permanecendo entre a canle de Inglaterra ao norte e o golfo de Biscaia ao sur. A súa superficie é de 34,034 km². A rexión está dividida en cinco departamentos: no oeste Finistère, Côtes-d'Armor no norte, Ille-et-Vilaine cara ao nordeste, Loira Atlántico no sueste e Morbihan no medio.

En xaneiro de 2005 a poboación de Bretaña estaba estimada en 4,271,000 habitantes. O 72% deles vivían na rexión de Bretaña, e o 28% restante vivía na rexión de País do Loira. No censo de 1999, as máis grandes áreas metropolitanas eran Nantes (711,120 habitantes), Rennes (521,188 habitantes), e Brest (303,484 habitantes).

Bretaña é considerada dende o século XX unha das seis Nacións celtas pola Celtic League[1]. É tamén, máis xeralmente, o nome do área cultural cuxos límites corresponden á antiga provincia.

Historia[editar | editar a fonte]

O ducado de Bretaña foi unido a coroa de Francia no ano 1532, volvéndose unha provincia ata que desapareceu administrativamente a entidade Bretaña en 1790 pola división en cinco departamentos, o Côtes-d'Armor, o Finistère, o Ille e Vilaine, o Loira Atlántico e o Morbihan. Coa creación das rexiós durante o século XX volveu aparecer unha rexión Bretaña, sacándolle o departamento do Loira Atlántico. Polo tanto a histórica provincia da Bretaña foi dividida entre as actuais rexións de Francia a maioría de Bretaña converteuse na région Bretagne, mentres que ó sur-oeste de Bretaña (o departamento de Loira Atlántico coa súa prefectura en Nantes, unha das antigas capitais do ducado de Bretaña) foi agrupada xunto con outros territorios históricos (Anjou, Maine) para crear a région de País do Loira (o que vén a ser "terras do Loira"). Para as razóns da división de Bretaña, e o debate actual sobre a reunificación, vexa o artigo région Bretagne.

Lingua[editar | editar a fonte]

Sinais de estrada bilingües poden ser vistos en áreas de fala bretoa
Escudo de armas tradicional

O francés, o único idioma oficial da república francesa, fálase hoxe en día en toda a Bretaña. As catro linguas rexionais non teñen status de oficialidade diante do estado, malia a isto están apoiados polas autoridades rexionais dentro dos límites constitucionais:

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Malia a que é producido viño branco preto do río Loira, as bebidas tradicionais de Bretaña son:

Tamén se producen hoxe en día cervexas. Historicamente, Bretaña foi unha rexión produtora de cervexa, pero, debido á importación de viño doutras rexións francesas, a produción e o consumo de cervexa foron diminuíndo lentamente até case desaparecer a mediados do século vinte. Nos anos setenta, debido a un rexurdimento rexional, abríronse novas cervexarías. Arredor de vinte delas permanecen hoxe abertas. Tamén se produce Whisky, e hai un pequeno número de destilarías tradicionais que producen excelentes whiskies. Outra bebida recente é o kir bretón (crème de cassis e sidra) que se pode tomar como aperitivo.

As filloas de trigo sarraceno cómense con xamón, ovos e outros recheos apetitosos. Adoitan ser chamadas galettes (en bretón galetes), agás nas partes orientais da Bretaña onde se lles chama crêpes (en bretón krampouezh). As tortiñas delgadas feitas con fariña de trigo son comidas na sobremesa. Outros pasteis, tales como o kouign amann ("tarta de manteiga" en bretón feito coa masa do pan, manteiga e azucre, ou o far, un tipo de pudding, ou o clafoutis con pasas, son tradicionais.

Rodeada polo mar, Bretaña ofrece un amplo abano de peixe fresco e abundante marisco, especialmente mexillóns e ostras. Un prato tradicional é a cotriade, elaborado con peixes locais e verduras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio web oficial da Celtic League

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]