Roldán
Roldán | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 736 |
Falecemento | 15 de agosto de 778 |
Roncesvales | |
Causa | Morto en combate |
Nacionalidade | Alemaña e Reino franco |
Ocupación | Cabaleiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Roldán, tamén chamado Roland e Orlando, (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretoa. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de Carlomagno como o suposto fillo da súa irmá, Gisela.
Lenda[editar | editar a fonte]
A lenda bordou a súa historia co relato do nobre cristián morto polas forzas sarracenas, que forma parte da temática da materia de Francia. A historia de Roldán nárrase no Cantar de Roldán, poema cunha data exacta de composición aínda non determinada, a pesar de que adoita datarse entre 1086 e 1104. Alí, Roldán está armado cun corno e unha espada chamada Durandarte. No cantar salienta unha notable defensa do cristianismo das cruzadas.
En Orlando, de Virginia Woolf, pode apreciarse a tradición posterior da popularidade da personaxe en verso italiano, sobre todo no século XVI, que leva á épica Orlando furioso, de Ludovico Ariosto, como continuación de Orlando innamorato, de Matteo Maria Boiardo. En lingua castelá a obra máis importante en que aparece Roldán é o poema épico El Bernardo, escrito por Bernardo de Balbuena.
Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre Roncesvales e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "Brecha de Roldán", abertura pétrea no Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido, ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en Fuencalderas (Aragón).[1] Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o salto de Roldán, dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ José Arbués Possat. Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas, editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roldán ![]() |