Saltar ao contido

Nubeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interpretación dun Nubeiro xigante entre montes.
Unha das dúas formas que se coñece do ser mitolóxico nubeiro.

O nubeiro é un personaxe da mitoloxía galega de aspecto forte e grande, vestido con peles negras, capaz de provocar tormentas e dirixir os raios á vontade. Asóciase, polo xeral, con todo o relativo ao fenómeno da treboada, é dicir, néboa, raios, lóstregos ou chuvia forte. Sae polas mañás das ferrerías para cabalgar os ceos provocando tormentas e lanzar raios e volve a media noite acompañado de cobras e lagartos. En ocasións baixa á terra para ver o resultado das súas fazañas ou para pedir asilo nalgunha casa ou cabana logo de perder algunha nube.[1]

Noutras partes de Galicia, os nubeiros teñen a aparencia dun home de pequeno tamaño, co corpo cuberto de pelo e un rabo longo e retorcido. Desprázanse subidos en grandes nubes e son os responsables das tormentas de verán e doutros moitos estragos. Un dos métodos tradicionais para esconxuralos é tocar as campás da igrexa.[2][3]

Tocan os frades a campá
pra escorrentar o nubeiro,
ben eles sudan... pra encher
pra todo o ano o granceiro.

  1. "Seres mitológicos gallegos: El nubeiro". Narradores del Misterio (en castelán). 25 de novembro de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. Anahí Ouro Blanco. "Nubeiros en Palas de Rei". galiciaencantada.com. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  3. Corral Acebo, Argimiro (28 de novembro de 2015). "Breviario de mitoloxía galega: NUBEIROS E TRONANTES". Breviario de mitoloxía galega. Consultado o 7 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]