Tuatha Dé Danann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Tuatha Dé Danann ("xente da deusa Danu") foron a quinta tribo de habitantes da Irlanda segundo a tradición do Lebor Gabála Érenn (Libro das Invasións). Pénsase que representan ós deuses irlandeses goidélicos; os redactores cristiáns reducíronos a reis e heroes históricos. Habitaron en Tír na nÓg e nalgúns Sidhe logo de abandonar a superficie de Irlanda.

Eran divindades euhemerizadas e chegaron á illa de Irlanda 37 anos despois que os Fir Bolg, aos que desprazaron, e 297 anos antes que o smilesianos, que representan aos celtas históricos. os representantes mais importantesuatha Dé Danann foron o Dagda "o bo deus", un rei especializado en maxia druídica; Manannán mac Lir, deus dos mares; Dian Cécht, o principal deus da curación; Lugh o deus pancéltico, e neste mundo guerreiro campión e mestre e ntodas as artes; Angus ög, o deus da poesía e a música; Brigid, a deusa do lume e a luz, patroa dos poetas;Boand, a deusa do río Boyne e esposa de Dagda; o trío de deusas Morrígna:Badb, macha e Morrígan, Ogma, o deus da elocuencia, que era tamén un poderoso guerreiro; e Donn, que goberna o mundo dos mortos.

Os Tuatha Dé Dannn aparecen na literatura irlandesa nos textos do Leabhar Gabhála e os textos da batlla de Mag Tuired(na primeira batala derrotan aos Fir Bolg e na segunda batalla de mag Tuired aos Fomoré).