Urco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interpretación dun Urco.
Interpretación dun Urco por unha intelixencia artificial.

O can do Urco ou can do Mar[1] é unha figura mitolóxica galega. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas.[1][2] que sae do mar arrastrando cadeas[3]

Lenda e características[editar | editar a fonte]

A súa presenza, como a de moitas outras figuras fantásticas semellantes, é considerada un mal agoiro, anunciador da morte.[1][3][4] Por outra banda, en Asturias existiu tamén a crenza no Urco, denominado el güercu en asturiano.[5][6]

En Pontevedra, a lenda do Urco incluíuse entre as celebracións do Entroido. Segundo Antón Fraguas, a partir de 1876 comezou a honrarse este monstro,[7] baixo a forma dun enorme e feroz can quen de engulir dunha soa trabada vinte sacos de chatarra coa mesma facilidade coa que un burro traga dous grans de orxo.

Segundo conta a mitoloxía popular este animal habitaría en Borrón,[1][8] un lugar neboento e tebroso pertencente ao "Outro Mundo", de aí a comparación que ás veces se fai entre el e o Cérbero,[9] o gardián do inferno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 galiciaencantada.com (ed.). "Borrón". Consultado o 06-06-2009. 
  2. Leandro Carré. geocities.com, ed. "O Urco". Arquivado dende o orixinal o 28-04-2009. Consultado o 06-06-2009. 
  3. 3,0 3,1 galiciaencantada.com (ed.). "Dúas ducias de cocos: Urco". Consultado o 06-06-2009. 
  4. Eladio Rodríguez González. Diccionario Enciclopédico. 
  5. Manuel Martín Sánchez (2002) Seres míticos y personajes fantásticos españoles EDAF, p. 373
  6. "güercu, el" Arquivado 26 de setembro de 2017 en Wayback Machine., Diccionario General de la Lengua Asturiana
  7. FRAGUAS, Antón: "Entroidos de hai máis de cen anos", n’O Correo Galego 25.02.1996. Eladio Rodríguez sitúa este feito nos anos 1877 e 1878.
  8. Lugar hoxe inexistente, situado nas beiras do río Lérez.
  9. J. R. Varela. jrvarela.net, ed. "Ritos y premoniciones de la muerte en la cultura popular gallega.". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 06-06-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]