Rexurdimento celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruz celta no Quebec.

Coñécese como Rexurdimento celta o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas" que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo e parte do século XX.

Historia[editar | editar a fonte]

O interese polas culturas gótica e celta apareceu a mediados do século XVIII[1] coas obras de Thomas Gray, influenciadas pola colección de poesía galesa publicada por Ieuan Brydydd en 1764. Foron moi populares influentes tamén os poemas pseudo-ossiánicos escritos por James Macpherson.

No século XIX publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, especialmente, os Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865-6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.

Durante o XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock, Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso na Irlanda con autores como W. B. Yeats, "AE" (pseudónimo de George William Russell, Oliver St John Gogarty, Sean O'Casey e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta".

Galicia[editar | editar a fonte]

Gaiteiros galegos.

Galiza tamén tivo o seu propio rexurdimento celta,[2] coñeceuse como "celtismo" e o seu maior representante foi Eduardo Pondal. Durante a ditadura de Francisco Franco, tódalas formas da cultura galega foron suprimidas en favor da cultura española que estaba fortemente baseada na cultura andaluza. Esta época de negación cultural durou até a morte de Franco, en 1975, cando foi restaurada a democracia e todas as culturas do estado puideron florecer unha vez máis. Destacados músicos e agrupacións celtas son Carlos Núñez, Luar na Lubre e Susana Seivane.[3] Hoxe en día, o Movemento de Rexurdimento Galaico ten como obxectivo revivir a lingua galaica.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stephen Walker, "Celtic Revival Crosses" Arquivado 01 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Celtic Arts Website, accessed 22 November 2008
  2. Alberro, Manuel (2005). "Celtic Legacy in Galicia". E-Keltoi: Journal of Interdisciplinary Celtic Studies 6. pp. 1005–1035. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  3. Melhuish, Martin (1998). Quarry Press Inc., ed. Celtic Tides: Traditional Music in a New Age. Ontario, Canada. pp. 28. ISBN 1-55082-205-5. 
  4. "Gallaic Revival Movement". Consultado o 11 de maio de 2013. 
  5. "Gallaic Revival". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013. 
  6. "Old Celtic Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown, Terence (ed.), Celticism (1996), ISBN 90-5183-998-7.
  • Castle, Gregory. Modernism and the Celtic Revival. Cambridge: Cambridge University Press, 2001.
  • Foster, R. F. (1997). W. B. Yeats: A Life, Vol. I: The Apprentice Mage. Nova York: Oxford UP. ISBN 0-19-288085-3.
  • Foster, R. F. (2003). W. B. Yeats: A Life, Vol. II: The Arch-Poet 1915–1939. Nova York: Oxford UP. ISBN 0-19-818465-4.
  • Gardiner, M. (2005). Modern Scottish Culture. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-2027-3.
  • MacDonald, M. (2000) Scottish Art. Londres: Thames and Hudson. ISBN 0-500-20333-4.