Galia romana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O guerreiro de Vachères, unha estatua dun guerreiro galo vestindo roupas romanas (século -I)

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A República romana comezou a conquista da Galia celta en -121, cando conquistou e anexou as zonas limítrofes do sur. Xulio César completou a tarefa de derrotar ás tribos celtas na Guerra das Galias entre os anos -58 e -51, e a romanización que lle seguiu foi moi rápido nas cidades; o latín era falado pola maioría dos galos no século III, pero conservando aínda vestixios de lingua gala.

O derradeiro vestixio do goberno romano foi eliminado polos francos na Batalla de Soissons. Desprazando ó Reino Visigodo de Tolosa en 507, os Francos dominaron a meirande parte da Galia, agás Septimania no sur, baixo o dominio do merovinxios, os primeiros reis de Francia.

A cidade de Lugdunum (agora Lión) ​​fora a capital do Galia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Astérix, serie de banda deseñada ambientada na Galia romana.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]