Tronante
Os tronantes, nubeiros ou negrumantes son seres da mitoloxía galega que teñen a capacidade de controlar o clima e concretamente os tronos. Para poder subir ó ceo e prvocar os tronos mexan sobre a terra e suben polo remuíño de aire que se forma, ó que chaman polvoriñas.[1]
Estes remuíños de aire e po tamén poden xurdir de súpeto e desaparecer ó pouco, tras romper cristais, tirar tellas e cousas e causar doenzas (catarros, reumas, lumbagos e mesmo doenzas mortás).[2]
Tronantes coñecidos
[editar | editar a fonte]Facundo é un tronante do que se fala na comarca de Chantada. Cando empeza a tronar di a xente: "Xa esta aquí Facundo, que anda coas zocas polo mundo".[3]
Tío Bernardo, tamén chamado "O Tronador", era tronante da comarca de Melón e cobraba tódolos anos media ola de viño a cada veciño por retirarlle os tronos que esnaquizan as colleitas.[4]
Tío Roque é un tronante da comarca de Rairiz de Veiga, que anda nun carro polas nubes, co que causa o ruído dos tronos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tronante.
- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-072-4.