Liga Céltica
Liga Céltica An Comann Ceilteach (gaélico escocés) An Conradh Ceilteach (irlandés) Yn Commeeys Celtiagh (manx) Yr Undeb Celtaidd (galés) An Kesunyans Keltek (córnico) Ar C'hevre Keltiek (bretón) | |
---|---|
Organización panceltista | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Rhisiart Tal-e-bot (2006-actulidade) |
Historia | |
Fundación | 1961 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Celtismo, dereito de autodeterminación |
Outros datos | |
Na rede | |
celticleague.net | |
A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, a Bretaña, Cornualla e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".[1]
Cargos na Liga Céltica
[editar | editar a fonte]A nacionalidade está indicada por letras despois dos seus nomes:
- B – Bretón, C – Córnico, I – Irlandés, M – Manx, E – Escocés, G – Galés
Secretarios xerais da Liga Céltica
[editar | editar a fonte]- Alan Heusaff: (1961–84), B→I
- Bernard Moffatt: (1984–88), M
- Davyth Fear: (1988–90), C
- Séamas Ó Coileáin: (1990–91), I
- Bernard Moffat: (1991–2006), M
- Rhisiart Tal-e-bot: (2006 – presente), G→C
Editores de Carn
[editar | editar a fonte]- Frang MacThòmais: (1973–74), E
- Pádraig Ó Snodaigh: (1974–77), I
- Cathal Ó Luain: (1977–81), I
- Pedyr Pryor: (1981–84), C
- Pat Bridson: (1984–presente), M→I
Outros cargos
[editar | editar a fonte]A presidencia e vicepresidencia estiveron vixentes entre 1961 e 1971 e posteriormente foron abolidas. Foron responsabilidade de Gwynfor Evans (G) e de Dr Robert McIntyre (E) respectivamente durante toda a existencia destes postos.
Pádraig Ó Conchúir (I) foi gobernador entre 1972 e 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC News, ed. (15 de xuño de 2010). "Cornwall's Celtic League branch welcomes UN approval". Consultado o 11 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ellis, Peter Berresford The Celtic Dawn.
- Tanner, Marcus Last of the Celts.