Arte insular
A Arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficas[1] para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".
Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".[2]
Formas e soportes
[editar | editar a fonte]Os trazos formais do estilo orixináronse a partir da ourivaría destinada á elite secular, que a comezos do século VII combinouse coa arte celta e a arte anglosaxoa. Identifícanse especialmente coa decoración de entrelazado,[3] como a atopada en Sutton Hoo (que presupón unha tradición local ben establecida da que só sobreviviron pequenas pezas), e que se aplica noutros ámbitos, como a iluminación de manuscritos, que responden a outro mundo cultural: o do Mediterráneo. Antes do século VII, é rara a presenza de códices, aínda que non así de xoiaría, sobre todo en Irlanda.[4] As primeiras pedras pictas datan do século V.[5]
-
Helmo cerimonial de Sutton Hoo.
-
Broche de Tara, ca. 700.
-
Relicario de Monymusk, ca. 750.
-
Cáliz Ardagh,[6] ca. 750.
-
Patena do Cáliz de Derrynaflan, século VIII o IX.
A arquitectura anglosaxoa da época utilizaba, polo xeral, materiais efémeros que non permitiron a súa conservación. Mesmo os mosteiros e igrexas levantados en pedra están na súa maior parte destruídos ou moi alterados, sendo só posible a súa reconstrución arqueolóxica.
Na arquitectura irlandesa[7] do período, destacan as chamadas round towers ou torres irlandesas (das que hai tamén exemplos en Escocia e na illa de Man).
Os mosteiros, autosuficientes, dotábanse de scriptorium e de talleres metalúrxicos para satisfacer as súas necesidades litúrxicas.
-
Muro norte e parte do muro occidental da nave da igrexa de Greensted.[12] Un pequeno van a baixa altura podería ser, ben un espazo para situar a pila a auga bendita, ben un leper's squint ("haxioscopio[13] dos leprosos").
-
Complexo monástico de Glendalough.
-
Detalle da Cruz de Ruthwell.
-
Cruz de San Martiño en Iona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hugh Kearney, As Illas Británicas, Akal, 2003, ISBN 8483230399, pg. 19: Os historiadores da arte puxeron en circulación o termo "hiberno-saxón" (agora amplamente remprazado por "insular") co propósito de crear un escenario máis amplo que o das categorías nacionais tradicionais
- ↑ Honour & Fleming, 244–247; Pächt, 65–66; Walies & Zoll, 27–30
- ↑ Bain, George (1973). Celtic Art: The Methods of Construction. Dover Publications, Inc. ISBN 0-486-22923-8. Fuente citada en en:interlace (visual arts).
- ↑ Youngs 20–22. Wilson, 16–27.
- ↑ Laing, 55–56.
- ↑ NMI": Wallace, Patrick F., O'Floinn, Raghnall eds. Treasures of the National Museum of Ireland: Irish Antiquities ISBN 0-7171-2829-6. Fonte citada en en:Ardagh Hoard
- ↑ Archiseek, Irish Architecture Online. Fuente citada en en:Architecture of Ireland
- ↑ Audouy, M. (1981). "Excavations at All Saints Church, Earls Barton". Northamptonshire Archaeology (Northamptonshire Archaeological Society) 16: 73–86. Fuente citada en en:All Saints' Church, Earls Barton
- ↑ Watkins, Rev. C. F. (1867) The Basilica and the Basilican Church of Brixworth. Fuente citada en en:All Saints' Church, Brixworth
- ↑ Blair, Peter Hunter (1977) [1956]. An Introduction to Anglo-Saxon England (Second ed.). Cambridge & London: Cambridge University Press. pp. 146, 151–152. ISBN 0-521-29219-0. Fuente citada en en:Brixworth
- ↑ Barrie Cox, "The pattern of Old English burh in early Lindsey", in Anglo-Saxon England: 23, p.44. Fuente citada en en:St Peter's Church, Barton-upon-Humber
- ↑ Details from listed building database (117767) . Images of England. English Heritage. Fuente citada en en:Greensted Church
- ↑ Encyclopædia Britannica. Fonte citada en en:Hagioscope
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alexander, Jonathan J.G.; Medieval Illuminators and their Methods of Work, Yale UP, 1992, ISBN 0-300-05689-3
- Bloxham, Jim & Rose, Krisine; St. Cuthbert Gospel of St. John, Formerly Known as the Stonyhurst Gospel
- Brown, Michelle P. Mercian Manuscripts? The "Tiberius" Group and its Historical Context, in Michelle P. Brown, Carol Ann Farr: Mercia: an Anglo-Saxon kingdom in Europe, Continuum International Publishing Group, 2005, ISBN 0-8264-7765-8, ISBN 978-0-8264-7765-1
- Calkins, Robert G. Illuminated Books of the Middle Ages. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, 1983.
- Dodwell, C.R. (1982); Anglo-Saxon Art, a new perspective, 1982, Manchester UP, ISBN 0-7190-0926-X
- Dodwell, C.R. (1993); The Pictorial arts of the West, 800–1200, 1993, Yale UP, ISBN 0-300-06493-4
- Gombrich, E.H., The Story of Art, Phaidon, 13th edn. 1982. ISBN 0-7148-1841-0
- Grove Art Online, "Insular Art", consultado abril 18, 2010, see also Ryan, Michael.
- Henderson, George. Early Medieval Art, 1972, rev. 1977, Penguin.
- Hicks, Carola. Insular – The Age of Migrating Ideas: Early Medieval Art in Northern Britain and Ireland
- Hugh Honour and John Fleming, A World History of Art,1st edn. 1982 & later editions, Macmillan, Londres, page refs to 1984 Macmillan 1st edn. paperback. ISBN 0-333-37185-2
- Laing, Lloyd Robert. The archaeology of late Celtic Britain and Ireland, c. 400–1200 AD, Taylor & Francis, 1975, ISBN 0-416-82360-2, ISBN 978-0-416-82360-8
- Lasko, Peter, Ars Sacra, 800–1200, Penguin History of Art (now Yale), 1972 (nb, 1st edn.) ISBN 14056036X
- Nordenfalk, Carl. Celtic and Anglo-Saxon Painting: Book illumination in the British Isles 600–800. Nova York: George Braziller, 1976.
- Pächt, Otto. Book Illumination in the Middle Ages (traducido ó francés e alemán), 1986, Harvey Miller Publishers, Londres, ISBN 0-19-921060-8
- Rigby, Stephen Henry. A companion to Britain in the later Middle Ages, Wiley-Blackwell, 2003, ISBN 0-631-21785-1, ISBN 978-0-631-21785-5. Google books [1]
- Ryan, Michael, e outros en Grove Art Online, Insular art (Ryan is also a major contributor to Youngs below)
- Schapiro, Meyer, Selected Papers, volume 3, Late Antique, Early Christian and Mediaeval Art, 1980, Chatto & Windus, Londres, ISBN 0-7011-2514-4
- Wailes, Bernard e Zoll, Amy L., in Philip L. Kohl, Clare P. Fawcett, Nationalism, politics, and the practice of archaeology, Cambridge University Press, 1995, ISBN 0-521-55839-5, ISBN 978-0-521-55839-6
- Susan Youngs (ed), "The Work of Angels", Masterpieces of Celtic Metalwork, 6th–9th centuries AD, 1989, British Museum Press, Londres, ISBN 0-7141-0554-6
- Wilson, David M.; Anglo-Saxon Art: From The Seventh Century To The Norman Conquest, Thames and Hudson (US edn. Overlook Press), 1984.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irish Brooches of the Early Medieval Celtic Period exhibition Arquivado 23 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Illustrated article by Peter Hubert on the origins of interlace sculpture, Pindar Press, 2003
- Julian M. Luxford, The Art And Architecture of English Benedictine Monasteries, 1300-1540: A Patronage History, vol. 25 de Studies in the History of Medieval Religion, Boydell Press, 2005 ISBN 1843831538
- Richard Gem, Studies in English pre-Romanesque and Romanesque architecture
- Artehistoria ([2] [3] [4] [5])
- Círculo románico:
- Arteguías: Arte Irlandés Altomedieval