Libro Branco de Rhydderch
| Libro Branco de Rhydderch | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
|
Xénero
| |
|
Material
| |
|
Lingua
| |
| Autoría | |
|
Encargado por
| |
| Temática | |
|
Tema principal
| |
|
Representa a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de creación
| |
| Dimensións | |
|
Altura
| |
|
Anchura
| |
|
Número de partes
| |
| Localizacións | |
|
Localización
| |
|
Colección
| |
|
Número inventario
| |
| Wikidata |
| Series de |
| Mitoloxía celta |
|---|
| Mitoloxía gaélica |
| Mitoloxía britónica |
| Relixión |
| Festivais |
O Libro Branco de Rhydderch (en galés: Llyfr Gwyn Rhydderch) é un dos máis notábeis e famosos manuscritos en lingua galesa.
Historia do manuscrito
[editar | editar a fonte]Escrito a mediados do século XIV (ca. 1350) é a colección máis antiga de textos galeses en prosa, malia conter tamén algúns exemplos de poesía galesa antiga. Agora forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales, e antes achábase conservado na biblioteca do anticuario do século XVII Robert Vaughan (Vaughan herdárao do caligrafista John Jones) e pasou aos seus descendentes.
O que foi un só manuscrito encadernouse agora como dous volumes separados que se coñecen como Peniarth MS 4 e Peniarth MS 5. Peniarth MS 4 contén os contos galeses que agora se coñecen colectivamente como os Mabinogion, e Peniarth MS 5 (a primeira parte do manuscrito orixinal) contén textos relixiosos cristiáns en galés, a meirande parte traducidos desde o latín.
O Libro Branco foi copiado a mediados do século XIV, moi probabelmente por Rhydderch ab Ieuan Llwyd (ca. 1325-1400) de Parcrhydderch na parroquia de Llangeitho en Ceredigion. Rhydderch, que viña dunha familia cunha longa tradición de padroado literario, ocupou postos da Coroa Británica e foi tamén unha autoridade sobre a lei galesa nativa. Téñense identificado as mans de cinco escribas nos manuscritos, que moi probabelmente traballaron na abadía de Strata Florida, non lonxe da casa de Rhydderch.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Libro Branco de Rhydderchna páxina da Biblioteca Nacional de GalesArquivado 15 de xullo de 2008 en Wayback Machine.. Dá acceso a imaxes a cor de Peniarth MS 4.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 'White Book of Rhydderch'. In Meic Stephens (Ed.) (1998), The new companion to the literature of Wales. Cardiff : University of Wales Press. ISBN 0-7083-1383-3.
- Parry, Thomas (1955), A history of Welsh literature. traducido por H. Idris Bell. Oxford : Clarendon Press.

