Celt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celt é considerada segundo a mitoloxía galega como a proxenitora da raza celta na Gallaecia, filla de Artai do que as lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ó Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Polo tanto Celt, foi a súa vez neta de Brigo ou tamén coñecido como Breogán, considerado o primeiro poboador de Gallaecia.


Notas[editar | editar a fonte]