Gaels
Saltar ata a navegación
Saltar á procura

Illas Británicas no século V d.C., entre a saída dos Romanos de Gran Bretaña e a fundación dos reinos anglosaxóns. Área con falantes de linguas gaélicas. Área com falantes de linguas pictas. Área com falantes de linguas britónicas.
Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1] O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.
As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gael" é frecuentemente usado polos falantes de gaélico escocés. "Goidels" foi introducido por John Rhys en Early Britain (1882) como un termo xeral para referirse a tódolos falantes das linguas gaélicas, e empregouse comunmente en estudos célticos. Ver "Goidel". Oxford English Dictionary. 1989..
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|