Lingua lepóntica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lepóntico
Falado en: Galia Cisalpina
Extinción: -400
Familia: Indoeuropea
 Céltica
  Continental
   Lepóntico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xlp

A lingua Lepóntica é unha variante do celta continental. Foi o idioma dos Lepontii, que habitaban a Galia Cisalpina, e falouse entre o -700 e o -400 . En ocasións é chamado Galo cisalpino, considérase un dialecto do galo e por tanto pertencente á rama continental das linguas celtas.

O pouco que se sabe do lepóntico vén dunhas poucas inscricións escritas en varios alfabetos do norte de Italia, relacionados co antigo alfabeto itálico: son os chamados alfabetos alpinos. Estas inscricións atopáronse principalmente ao redor de Lugano, incluíndo o Lago de Como e o Lago Maggiore. Unha escritura similar utilizouse para o rético e o véneto, e probabelmente as runas xermánicas deriven dun destes alfabetos.

O lepóntico foi asimilado primeiro polo galo, co establecemento de tribos galas ao norte do Río Po, e posteriormente polo latín, cando Roma tomou o control da Galia Cisalpina durante o século - II e o -I.

O agrupamento de todas as inscricións atopadas nesta área nun único idioma celta foi algo obxecto de discusión e hai investigadores que afirman que algunhas delas están nunha lingua non-celta relacionada co lígur (Whatmough 1933, Pisani 1964). Baixo este punto de vista, lepóntico sería o nome correcto para a lingua non celta e galo cisalpino para a celta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Eska, J. F. (1998). The linguistic position of Lepontic. In Proceedings of the twenty-fourth annual meeting of the Berkeley Linguistics Society vol. 2, Special session on Indo-European subgrouping and internal relations (February 14, 1998), ed. B. K. Bergin, M. C. Plauché, and A. C. Bailey, 2–11. Berkeley: Berkeley Linguistics Society.
  2. Eska, J. F., and D. E. Evans. (1993). "Continental Celtic". In The Celtic Languages, ed. M. J. Ball, 26–63. Londres: Routledge. ISBN 0-415-01035-7.
  3. Tibiletti Bruno, M. G. (1978). "Ligure, leponzio e gallico". In Popoli e civiltà dell'Italia antica vi, Lingue e dialetti, ed. A. L. Prosdocimi, 129–208. Roma: Biblioteca di Storia Patria.
  4. Tibiletti Bruno, M. G. (1981). "Le iscrizioni celtiche d'Italia". In I Celti d'Italia, ed. E. Campanile, 157–207. Pisa: Giardini.