Nó celta
O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.
Historia
[editar | editar a fonte]O uso de patróns entrelazados tivo a súa orixe como obra de arte a finais do Imperio Romano.[1] Os patróns de nó apareceron por primeira vez nos Séculos III e IV, e pódense observar exemplos deles en mosaicos romanos da época, o desenvolvemento como uso artístico destes deseños atópase tamén na arquitectura bizantina, a decoración de libros, a arte copta, a arte celta, a arte islámica, en Rusia como elemento de decoración de libros medievais, arte en Etiopía e a arquitectura europea.
O paso a patróns de espirais e patróns fundamentais son os motivos dominantes na arte celta antes da influencia cristiá sobre os celtas que comezou arredor do ano 450. Estes deseños encóntranse nos primeiros manuscritos cristiáns e obras de arte co agregado de representacións da vida, tales como animais, plantas e mesmo seres humanos. En principio os deseños intricados entrelázanse como trenzas, que tamén se poden encontrar noutras zonas de Europa, como Italia no século VI, nun fragmento dun libro do Evanxeo agora na Catedral de Durham e nunha colección no norte de Gran Bretaña do século VII que contén o primeiro exemplo de verdadeiros deseños de nós na forma celta.
Exemplos de traballos en trenza existen en varias culturas arredor do mundo.[2] Pero son característicos os traballos de lacería no norte de Italia e no sur de Francia, que tamén se espallou por Irlanda no século VII.[3] O estilo é máis comunmente asociado co pobo celta, pero tamén se practicaba amplamente en Inglaterra. Nos tempos modernos a arte celta relaciónase popularmente en termos de identidade nacional cos irlandeses, escoceses e galeses.
Importancia
[editar | editar a fonte]J. Romilly Allen identificou «oito nós elementais que constitúen a base de case tódolos patróns entrelazados na arte decorativa celta». Porén, non hai evidencias para indicar que un nó específico teña importancia filosófica ou relixiosa, pois moitos artigos decorados con lacería foron atopados en sitios arqueolóxicos de diferente uso.[4][5]
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Deseño influenciado pola ilustración nos Evanxeos de Lindisfarne
-
Case a totalidade dos folios do Libro de Kells contén pequenas decoracións de nós.
-
Outro nó circular empregado no álbum de King Crimson Discipline e que é o logo de Discipline Global Mobile.
-
Nó de Salomón (século -II-I), Galiza.
-
Beltane, nó celta formado por animais.
-
Torque de Foxados, Galiza, remates con nós celtas.
-
Cruz románica con nós celtas na igrexa de San Lázaro, en Santiago de Compostela, Galiza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ James Trilling (2001). The Language of Ornament. Thames and Hudson Ltd ISBN 0-500-20343-1
- ↑ George Bain (1973). Celtic Art: The Methods of Construction. Dover Publications, Inc. ISBN 0-486-22923-8.
- ↑ Sir Edward Sullivan (1986). The Book of Kells. Studio Editions Ltd. ISBN 1-85170-035-8.
- ↑ J. Romilly Allen (1933). Celtic Art in Pagan and Christian Times. Studio Editions Ltd. ISBN 1-85891-075-7.
- ↑ Drew Ivan (10-08-2005). "Eight Basic Knotwork Patterns". Consultado o 10-01-2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nó celta |