Vestio Alonieco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Vestio Alonieco era un dos deuses galaicos, vinculado a tradición céltica centro-europea e comparado co deus Cernunnos polas representacións desta divindade como antropomorfos con coroa e cornos, tal e como se amosa nun relevo atopado en Lourizán próximo a dúas aras adicadas a esta divindade[1]

Todas as illas atlânticas (André Pena) como paraísos naturais que son evócannos o Alén ou "Outro Mundo". Fronte a unha destas illas, ligada a tradicións celtas, nun muro do Lugar da Igrexa en Santo André de Lourizán, noutro tempo, dominante sobre Tambo [Illa sita na outra extrema, fronte a Combarro], na ria de Pontevedra, apareceu xunto a tres aras, achadas encaixadas en muretes do chamado Lugar dá Igrexa, decoradas con suásticas, a unha anepígrafe, as outras consagradas ao Deo Vestio Alonieco, o chamado baixo relevo de Lourizán, do Museo de Pontevedra. Obviar o común sentido en sociolinguística da cláusula "recibiuno cos brazos abertos", merece algo máis que a análise talvez apresurada do epíteto da mencionada divindade que fixo Alfayé :

[..] o certo é que nin sequera podemos saber con certeza si a imaxe representada é a dun deus indígena-romano, suposición que se basea únicamente - segundo esta autora presupón- sobre a proximidade espacial dos lugares do achado do relevo [Alfayé ActPal XI=Pal Hisp 13, 193-195 (2013), 207].

En principio, pareceríanos razoable o razonamiento, de non esconder Alfayé [lógicamente a representación da imaxe en baixo relevo cos brazos abertos e os polgares sinalando de modo anormal, cara abaixo, ou cara atrás, a máis diso os cornos, e o propio sitio do achado, o mencionado "Lugar dá Igrexa"] un coello na chistera. Creemos que algúns pequenos detalles deben ser elucidados O deus aparece como un humano cornudo co queixo alongado (ou barba puntiaguda no queixo, como sinala o investigador Antonio Blanco Freijeiro identificando como dito deus galaico unha escultura atopada en Porcuna (Huelva)[2]) e brazos en cruz rematados nunhas amplas mans abertas. Cuevillas foi o primeiro en relacionalo co deus irlandés Lugh e o seu epíteto "lamfada" (o da man longa) que xunto con dúas esvásticas gravadas nas súas aras veñen a confirmar as características solares desta divindade, xa que ambos rexistros iconográficos (mans longas e esvásticas) adoitan aparecer asociados noutros paralelos europeos que teñen un mesmo significado solar que comparte con Lugh e Cernunnos, deuses célticos tamén solares e cornudos.[3].

VESTIO ALONIECO "HOSPEDEIRO ALIMENTADOR (BRIUGÚ BIATACH)" [4]

Á luz do epíteto temático aposto polas aras en dat. s. Deo, "ao Deus", Vestio Alonieco

VESTIO

*Uest-io possív., "hospedeiro, accomodation provider", ie *gwest sufixo latino -ius; cf., comparativ. o latim hostpit-, de hosti-pot(i)s, *protector (E. Losada Badía) dos estranxeiros,
hospes, "hospedeiro, invitado, estranxeiro", o antigo inglés giest; gótico e holandés gast; o antigo eslavo gost, e o antigo frísio jest, [jesthus, hoxe gasthuis, "hospital"] (Pena).

O ambiente da celta briugaid [obriga de hospedar e alimentar] dispensada polo briugú [hospedeiro] na Terra, correspóndese no Ceo coa hospedaría do Deo Lari Breogo do Alén, de Berobriga, celeste Xerusalén dos Celtas, onde nunca esmorece o lume baixo o caldeiro; o recinto de Deus hospitalario Vestio, Breogo, briugú, sito nunha bicuda illa, abriga, e recibe ofrecendo comida ás benditas animas, ten na terra como contrapunto as hospedarías para alimentar ao peregrino no Camiño e o folkore do Ciclo de Valverde (André Pena) lembrando aos habitantes dos lugares do camiño das catastróficas consencuencias do quebranto da obriga de acorrer ao peregrino.

ALONIECO [SEN QUE SIRVA DE PRECEDENTE] ALMA PATERNUTRICIO DEUS (André Pena)

Alon-ieco, posiblemente de *al (2), *h₂el- (V.); RB.: Pokorny 26 (50/50), envolvendo no indoeuropeu (ind., iran., phryg, dac., gr., ital., celt., germ., toc.) o concepto de alimentar, engordar, nutrir. al-an* "nútrense, medran" (Lehmann A113); got. al-jan* (1) 3, sw. V. (1), "engordar", (Lehmann A125); W.: germ. *alan, st. V., sich nähren "nutrir", Pk 26; ae. al-an, st. V. (6), nähren, hervorbringen; "nutrir, abastecer"] as almas (A. Pena). eila o propio concepto tan galaico, do Alén como un lugar de fartura para as ánimas (Pena).

Considerando os precedentes parágrafos a imaxe e as aras votadas, non como cre Alfayé en diversos lugares, mais fronte á illa de Tambo, no que os galegos chamamos lugar ["En un lugar de la Mancha"], no Lugar da Igrexa, Lourição, Deo, "a Deus", en dat. de sg., seguido do epíteto temático Vestio Alonieco, concibe a Deus recibindo as almas peregrinas no Ceo os primeiros tempos do cristianismo, nunha Provincia Gallaeciae cristiá dende o 314', como Vestio, "Hospedeiro (do Alén)", cos brazos abertos, o material, datável nas primeiras décadas do S. IV, esixe interpretatio celto-cristiana, nunha Galiza oficialmente cristiana dende o 314.

Ante os sólidos argumentos expostos (por André Pena), examinado o conxunto con algo máis que fortuíto concerto, restaurada á función da imaxe, sendo o correlato da epigrafada ara que [na interpretatio dos primeiros anos do cristianismo] invoca como provedor a Deus, Noso Señor, Hospedeiro do Alén e o baixo relevo que o representa recibindo con cornos, brazos abertos, e polgares virados para abaixo, evidente, fique a insustentável hesitação da Alfayé desvelada e co gato quen queira gato sempre que non pense que lle dan lebre. (A. Pena[4]) rev. 25/02/205.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vestio alonieco, nueva deidad galaica" en Archivo español de arqueología., Vol. 19, No. 63 (1946), p. 110 e "Las aras romanas de Lourizán", en El Museo de Pontevedra, entrega 12, 1944, Bouza Brey, Fermín, 1944
  2. "Las estatuas de PorcunaI, estatuas de guerreros" Boletín de la Real Academia de Historia,1987,405-445 [1]
  3. "Los pueblos de la Galicia céltica" Francisco Javier González García, Alvaro Arizaga Castro, Ediciones AKAL, 2007
  4. 4,0 4,1 http://catedra.pontedeume.es/21/catedra2104.pdf